InicioM.ambiente e PatrimonioEliminado un punto de vertido de augas residuais ao Cantábrico dunha piscifactoría...

Eliminado un punto de vertido de augas residuais ao Cantábrico dunha piscifactoría de Cervo

Augas de Galicia verificou as emisións contaminantes tras unha denuncia e a empresa eliminou o punto de alivio, non autorizado

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais ao mar Cantábrico procedente dunha instalación de acuicultura ubicada en Cervo.

As emisións contaminantes foron verificadas polos técnicos do Plan de Control de Vertidos do organismo hidráulico da Xunta de Galicia nunha inspección levada a cabo na instalación desta empresa, tras unha denuncia recibida por Augas de Galicia.

Tal e como explicou o Goberno galego nun comunicado, no transcurso da inspección realizada polos efectivos do Plan de control e da Gardería Fluvial de Augas de Galicia identificouse un punto de vertido directo ao mar procedente da liña de augas residuais da mencionada instalación, en concreto dun aliviadoiro que non estaba recollido na resolución de autorización de vertido outorgada á empresa, e que “non reunía as condicións axeitadas para verter nese punto”.

ACTUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

Así, o personal de Augas de Galicia procedeu á toma de mostras, detectando incumprimentos respecto aos valores de referencia para este tipo de vertidos a Domino Público Marítimo-Terrestre. Como resultado da inspección e da denuncia previa, deriváronse as “oportunas actuacións administrativas“.

Segundo expón Augas e Galicia, recentemente, e trala notificación de actuacións por parte do titular, os técnicos do Plan de Control de Vertidos e da Gardería Fluvial efectuaron unha nova inspección nas instalacións, verificando que se efectuaran as obras para anular o punto de alivio, quedando así eliminado o vertido de augas residuais ao mar.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...