InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta abre expediente sancionador a Sargadelos por pintar a planta circular...

A Xunta abre expediente sancionador a Sargadelos por pintar a planta circular sen autorización

O grupo empresarial incorreu nunha "infracción administrativa" ao pintar a fachada do edificio, catalogado como BIC en 2014, sen solicitar permiso á Consellería de Cultura

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Patrimonio, abriu un expediente sancionador aos titulares do complexo industrial de Sargadelos en Cervo, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), por levar a cabo uns traballos de pintura no edificio sen a preautorización pertinente.

Así o dixo este xoves a directora xeral, Carmen Martínez Ínsua, que compareceu na Comisión de Cultura do Parlamento para responder a unha pregunta formulada pola deputada do BNG Olalla Rodil sobre esta intervención.

PREGUNTA DO BNG NO PARLAMENTO

Na súa resposta, Martínez Ínsua lembrou que o complexo de Sargadelos é BIC desde 2014 e, por tanto, os seus propietarios están obrigados a solicitar con antelación a calquera intervención o permiso de Patrimonio.

A Xunta di “ter coñecemento” o pasado 24 de maio de que se estaba a levar a cabo o pintado da planta circular de Sargadelos, polo que iniciou “automaticamente” un expediente de dilixencias previas e notificouse aos propietarios que “paralizasen” a obra e procedesen “á reposición da legalidade”, extremos confirmados polo Concello.

“O DETERIORO” DO EDIFICIO EXPLICA “A PRÉSA”, DI A EMPRESA

Patrimonio recibiu primeiro “un documento xustificativo” e finalmente unha “memoria completa” por parte do titular do grupo empresarial, Segismundo García, para legalizar as actuacións de pintura executadas e socilitar autorización para o resto, motivadas “polo deterioro sufrido na fachada do edificio”, de aí a “prema” da intervención.

O máximo accionista do grupo empresarial emitiu un comunicado nas pasadas semanas no que cualificaba de “incordio” a catalogación do edificio como BIC para a operatividade da empresa.

MULTA

Martínez Ínsua explica que non solicitar autorización “é unha infracción administrativa” e que ese expediente sancionador “terá a sanción correspondente conforme establezan os parámetros tralo ditame do consello territorial”. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...