InicioM.ambiente e PatrimonioRibadeo saberá en dúas semanas quenes incumpren a Lei de Incendios

Ribadeo saberá en dúas semanas quenes incumpren a Lei de Incendios

O helicóptero contratado polo Concello sobrevoou o municipio para fotografar as parcelas

Publicada o

- Advertisement -

O helicóptero contratado polo Concello de Ribadeo para comprobar que parcelas incumpren a Lei de Incendios de Galicia sobrevoou o municipio na tarde do xoves. Segundo apunta o goberno local, a empresa encargada do traballo entregará nun prazo de entre dez días e dúas semanas as ortofotografías, que se plasmarán en planos a escala para determinar, segundo os datos do Catastro, o grao de cumprimento da normativa.

A partir de entón, enviaranse requerimentos aos propietarios, que terán quince días para limpar as masas forestais con especies pirófitas –eucaliptos, piñeiros ou acacias– cercanas ás casas. De non facelo, o Concello imporá multas ou fará execucións subsidiarias. “Non queremos chegar a estes extremos, pregamos aos donos que fagan como fixeron os demais. Non queremos que haxa incendios nin vidas en perigo, nin tampouco queremos choros”, asegurou o alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia.

CRÍTICAS Á XUNTA

O rexedor xustificou a medida en base á inoperancia da Xunta de Galicia. “Contratamos estes sistemas técnicos modernos porque hoxe, a 14 de xuño, seguimos sen ter resposta do apoio técnico e económico que solicitamos en varias ocasións ao Goberno galego, tal e como se recolle na lei”, afirmou.

OS INFRACTORES ASUMIRÁN O CUSTO

Nas últimas semanas, o orzamento do sistema utilizado polo Concello, que ascende a 9.000 euros 7.000 máis IVE-, desatou as críticas do PP ribadense e tamén do grupo municipal do PSdeG, que consideraron excesivo este desembolso. Neste senso, Suárez Barcia precisou que “o Goberno local pagará de inicio, pero que despois repercutirá sobre os infractores. Ribadeo non vai ter que asumir ningún custo”, afirmou.

ÚLTIMAS

UGT reclama ao Goberno medios para manter a produción de Alcoa

O secretario xeral da federación de Industria de UGT, Mariano Hoya, lembrou que a...

Roi Fernández, Vendaval Fest: “O festival nace para ver música rock en directo, algo que estrañabamos”

-Quen está detrás do Vendaval Fest e cal foi a idea que deu pe...

O BNG reclama ao Goberno “urxentemente” para garantir o futuro de Alcoa

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade...

Mondoñedo acolle este martes o Correlingua 2025

A vila de Mondoñedo será este martes, 20 de maio, escenario dunha nova parada do Correlingua...