InicioM.ambiente e PatrimonioAs migracións rápidas de arroaces desde o sur de Galicia á Mariña...

As migracións rápidas de arroaces desde o sur de Galicia á Mariña asombran aos científicos

A Cemma documenta a viaxe de dous golfiños, Rac e Flash, da ría de Vigo á Costa de Lugo en cinco días, un comportamento do que "apenas existe información"

Publicada o

- Advertisement -

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) avanzou parte das conclusións extraídas do proxecto de conservación dos arroaces TurGaSur, iniciado no pasado mes de decembro. Un dos logros é a documentación de migracións de golfiños en cinco días do sur de Galicia á Mariña Lucense.

Desde a CEMMA aseguran que “apenas existe información sobre os arroaces referida a este tipo de desprazamentos de longo recorrido, realizados nun espazo de tempo tan reducido, polo que este resultado que presentamos se trata dun feito de grande relevancia e interese a nivel científico“.

A coordinadora explica que días 20 e 21 de febreiro detectouse a presenza dos arroaces na Mariña de Lugo, a través dos avistamentos realizados por Xan Vizoso e a empresa Maremasma.

Imaxe dun dos arroaces. AXM

Logo de revisar as fotografías achegadas pola empresa, identificáronse oito arroaces que presentaban aletas dorsais ben marcadas. A comparativa de imaxes demostrou que dous deles foron rexistrados o 15 de xaneiro na ría de Vigo.

Trátase dos exemplares coñecidos como Rac e Flash, presumiblemente machos, e vellos coñecidos nas Rías Baixas dende os anos 2006 e 2011, respectivamente.

MÁIS DE 1.000 QUILÓMETROS

Entre o 15 de xaneiro e o 20 de febreiro, estes dous exemplares desprazáronse dende a Ría de Vigo cara as augas do Cantábrico, deixando atrás as Rías Baixas, pasando o Cabo Fisterra, percorrendo a Costa da Morte e virando a Estaca de Bares ata chegar á Mariña Lucense, “percorrendo máis de 1.000 quilómetros“.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...