InicioM.ambiente e PatrimonioRutas en Riotorto para coñecer o primeiro lagar de sidra natural do...

Rutas en Riotorto para coñecer o primeiro lagar de sidra natural do noroeste galego

Plans con corazón é unha proposta de actividades variada e atractiva, liderada por guías oficiais de Galicia coñecedores do patrimonio local, tamén por perfís especializados en xeoloxía e ornitoloxía e por todos os anfitrións participantes

Publicada o

- Advertisement -

O programa de actividades Plans con corazón continúa, unha fin de semana máis, ofrecendo actividades coas que dar a coñecer á poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen este xeodestino. Nesta ocasión o plan terá lugar en Riotorto este sábado, 7 de novembro, baixo o título O mago Merlín e o seu amigo Don Pedro, unha actividade que levará aos participantes a coñecer a adega que albergou o primeiro lagar de sidra natural do noroeste galego, a Bodega Don Pedro Leivas. Unha ruta entre a literatura e a alquimia que estará guiado por Noela Feal.

Xunto con Riotorto, quedan pendentes dúas actividades dos Plans con corazón, que terán lugar o sábado 14 de novembro en Cervo (San Cibrao, o ciclo vital da madeira) e O Vicedo (Entre dunas e volcáns), no marco desta iniciativa.

Aínda é posible reservar praza para desfrutar destes plans, a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/a-marina-plans-con-corazon

As prazas son limitadas e cada actividade terá un custo que varía de 5€ (inscrición individual), 9€ (inscrición en parella) e 15€ (inscrición en grupo), un prezo que inclúe a visita guiada e os seguros de Responsabilidade Civil e accidentes.

Plans con corazón é unha proposta de actividades variada e atractiva, liderada por guías oficiais de Galicia coñecedores do patrimonio local, tamén por perfís especializados en xeoloxía e ornitoloxía e por todos os anfitrións participantes. Trátase dun proxecto para conectar coa esencia da Mariña a través de propostas que nos achegan a espazos moitas veces descoñecidos. Esta é, sen dúbida, unha proposta máis próxima, máis auténtica e máis conectada coas persoas que viven e traballan no territorio.

Os guías oficiais son Noela Feal, Carmen Delia, Ana Pena e Boris Vilar, guías acreditados ademáisco selo de calidade turística SICTED para o destino A Mariña Lucense; Juan Fernandes, o guía especializado en xeoloxía Iván Rodríguez; e o guía especializado en ornitoloxía Saúl Román.

A Mancomunidade Concellos da Mariña promove este programa de actividades no marco dos convenios de colaboración anuais coa Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación de Lugo, co obxectivo de ofrecer actividades de lecer singulares que poñan en valor o territorio, permitan á poboación coñecer e gozar do territorio e contribúan á desestacionalización do turismo neste destino.

Novidades 2026

Nesta edición, como primeira novidade, incorpórase a participación de varios produtores que a principios de anos formaron parte do Modelo de Innovación Sostible de Experiencias Agroturísticas (MISEA), unha iniciativa impulsada pola Secretaría de Estado de Turismo a través de SEGITTUR, en colaboración coa Mancomunidade, para promover experiencias agroturísticas que diversifiquen a oferta turística, atraian a novos visitantes e contribúan á desestacionalización do turismo. Os produtores que participarán nos Plans con corazón 2026 son: Cooperativas Terras da Mariña; Mel O Poder das Flores; Shiifos Micoloxía; Grupo Naterra; e a Mancomunidade de Montes en man común de Frexulfe no Valadouro.

A segunda novidade deste ano é a participación de Mar Aberto, un proxecto de 3 alumnos do grao de Turismo da UDC: Anxo García, Diego Rodríguez e Juan Fernandes, que xorde co obxectivo de ofrecer un roteiro accesible e inclusivo en torno ao patrimonio mariñeirona Mariña Lucense.

Próximas actividades Plans con Corazón 2026

RIOTORTO Sábado 7 novembro

O mago Merlín e o seu amigo Don Pedro. Con Noela Feal

Entre literatura e alquimia.

Coñecendo a adega que albergou o primeiro lagar de sidra natural do noroeste galego, a Bodega Don Pedro Leivas, escribiremos un novo capítulo da obra mestra de Álvaro Cunqueiro «Merlín e Familia» mediante unha ruta lineal na que se pasará por lugares xa mencionados nesa obra, como a propia morada do mago, onde rematará o percorrido.

O VICEDO Sábado 14 novembro

Entre dunas e volcáns. Con Iván Rodríguez Lombardero

Ruta xeolóxica pola praia de San Román – Arealonga-

A praia de San Román – Arealonga, no Vicedo, conta cun importante potencial para a divulgación xeolóxica. Nela aparece unha gran variedade de rochas de idade cámbrica e ordovícica, algunhas delas moi singulares, como os gneises de ollo de sapo.

Ademais, pódense analizar as formas dos seus cantís e as resultantes da interacción do mar co regato de O Vilar e o cordón dunar, o que permite interpretar a súa historia desde a orixe das rochas ata as formas e procesos actuais.

CERVO Sábado 14 novembro

San Cibrao, o ciclo vital da madeira. Con Anxo García e Juan Fernandes

Tradición e artesanía accesible na Mariña Lucense.

Descubre a vila mariñeira de San Cibrao a través dos seus oficios tradicionais, da súa historia e da súa estreita relación coa madeira e co mar.

Un percorrido que permitirá coñecer o legado dos antigos serradoiros, dos emblemáticos estaleiros, como o de Francisco Fra, con máis de 200 anos de historia, e a importancia da actividade baleeira, hoxe conservada no Museo Provincial do Mar.

Ao longo dun itinerario lineal de aproximadamente 2 quilómetros, os participantes percorrerán as distintas fases do ciclo vital da madeira, desde a súa transformación ata a súa utilización na construción naval e noutros usos tradicionais. Descubrirán o traballo dos carpinteiros de ribeira, auténticos artesáns do patrimonio marítimo, e comprenderán como a madeira, como recurso esencial, foi modelando a economía, a paisaxe e a identidade de San Cibrao ao longo dos séculos.

FORMACIÓN EN FOZ SOBRE IA

Este martes tivo lugar en Foz a xornada de formación sobre Intelixencia artificial aplicada ao turismo, a primeira das tres accións formativas dirixidas ao sector turístico da Mariña, que desenvolve a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense no marco dos convenios asinados coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Lugo.

A convocatoria cubriu todas as prazas ofertadas, dirixidas ao sector turístico do xeodestino.

A formación foi impartida por José Alcañiz, fundador e director xerente de Esterea Comunicación Digital, quen explicou ás persoas asistentes as claves para coñecer e dominar ferramentas que permitan aforrar tempo, mellorar a comunicación e as vendas ou analizar información útil para a xestión empresarial, sen perder a autenticidade e a identidade propias de cada negocio.

Esta acción, totalmente gratuíta, é unha formación de carácter práctico orientada a facilitar a súa implantación no negocio que forma parte do programa Empresas turísticas máis rendibles, sostibles e innovadoras. As tres xornadas previstas combinan explicacións concisas, exemplos aplicados ao sector e exercicios guiados, co obxectivo de facilitar a transferencia do coñecemento ás necesidades reais e concretas de cada modelo de empresa.

Inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdpJjL2H5bs2NU21KgTNe5tGPECv4SIHlMHAoTUO_f77KCddQ/viewform

Vindeiras actividades

Xoves12 novembro 10-14h. – Hotel O Cabazo (Ribadeo)

Sostibilidade que multiplica: rendibilidade e impacto positivo na empresa turística

Con Claudia Rodríguez, co-fundadora de Alén

Obxectivo: mellorar a rendibilidade dos servizos mediante unha xestión máis eficiente dos recursos; a incorporación de prácticas sostibles e de economía circular; e a creación de novas oportunidades de negocio que reforcen a súa competitividade e o valor da economía local.

Comprender a sostibilidade como oportunidade de rendibilidade e competitividade

Identificar medidas de aforro e eficiencia na xestión dos recursos

Mellorar ingresos mediante experiencias sostibles e diferenciación

Impulsar a compra local e a cooperación empresarial

Mércores 18 novembro 10-14h. – Antiga Carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo)

Turismo Slow: deseñar experiencias con identidade

Con María Traveso e Vero Rodríguez, socias en Promove Consultoría e formación

Obxectivo: aprender a transformar os recursos propios e os do territorio en propostas atractivas para os visitantes, incorporando os valores do Turismo Slow e explorando posibilidades de colaboración con outras empresas.

Identificar recursos propios: natureza, patrimonio, cultura, gastronomía, oficios e persoas

Transformar recursos en experiencias atractivas e comercializables

Deseñar experiencias para diferentes públicos e épocas do ano

Crear produtos conxuntos entre empresas complementarias

 

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...