InicioM.ambiente e PatrimonioMariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

Publicada o

- Advertisement -
O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo, en Barreiros, un enclave de gran relevancia arqueolóxica, histórica e patrimonial na comarca. A iniciativa ten como obxectivo dar a coñecer as escavacións arqueolóxicas realizadas o pasado setembro, intervencións impulsadas por Mariña Patrimonio.

Trátase dunha actividade de balde pensada para todos os públicos.  A xornada, programada xa en decembro mais cancelada debido ás condicións meteorolóxicas, prevé ser un día sen choivas nin tempo adverso. Con todo, recoméndase acudir con roupa e calzado cómodos debido ás características do terreo.

Ademais, a organización informa de que están a coordinar, a través das redes sociais do centro social Xebra, desprazamentos en coche desde Burela e Viveiro para facilitar a asistencia das persoas interesadas.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...