InicioM.ambiente e PatrimonioUnha saída ornitolóxica pola Ría de Ribadeo para celebrar o Día Internacional...

Unha saída ornitolóxica pola Ría de Ribadeo para celebrar o Día Internacional dos Humidais

A desembocadura do Eo foi catalagoda como Humidal de Importancia Internacional polo seu interese para as aves acuáticas en 1994

Publicada o

- Advertisement -

En 1994, a Ría de Ribadeo foi recoñecida como Humidal de Importancia Internacional, un instrumento de protección que pretende salvagardar as zonas húmidas máis importantes do mundo polo seu valor ecolóxico e para  a conservación da biodiversidade.

O catálogo destaca o último treito da desembocadura do Eo – unha superficie duns 1.700 metros cadrados delimitada pola costa de Ribadeo, Vegadeo e Castropol– como un enclave de especial interese para as aves acuáticas por ser área de invernada ou de refuxio ocasional para medio centenar de especies.

O inverno convértese así na época de maior abundancia de aves, con posibilidade de observar concentracións de asubiadores, patos rabilongos ou cercetas, entre outras especies.

Coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Humidais, o 2 de febreiro, ás 15.00 horas, o ornitólogo Enrique Sampedro Miranda, autor do blog Ría de Ribadeo,  guiará unha saída pola ría. A organización recomenda, ademais dos prismáticos, roupa de auga e calzado cómodo.

As persoas interesadas teñen que formalizar a súa reserva no teléfono 982.128.689 ou no e-mail turismo@ribadeo.org.

CONFERENCIA

A xornada iniciarase cunha conferencia de Sampedro Miranda sobre a evolución e o estado do humidal tras 25 anos como espazo protexido, ás 11.30 horas na Casa da Xuventude.

A ficha recollida na lista de Humidais de Importancia Internacional indica que os censos invernais rexistraban entre 5.000 e 10.000 individuos de diferentes especies.

O último censo de aves invernantes realizado e publicado polo ornitólogo ronda os 2.300 individuos.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...