InicioM.ambiente e PatrimonioÚltimas prazas para as rutas de Riotorto e Barreiros de Plans con...

Últimas prazas para as rutas de Riotorto e Barreiros de Plans con Corazón

Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de itinerarios moi especiais cos que explorar o patrimonio cultural e natural destes lugares da man dos guías de turismo e anfitrións do territorio

Publicada o

- Advertisement -

O programa de rutas e visitas guiadas Plans con Corazón continúa este sábado e o domingo con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías oficiais expertos coñecedores do territorio. Os plans terán lugar os días 4 e 5 de outubro nos municipios de Riotorto e Barreiros, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de itinerarios moi especiais cos que explorar o patrimonio cultural e natural destes lugares da man dos guías de turismo e anfitrións do territorio.

RIOTORTO – Sábado 4 outubro

A pegada dun territorio con Carmen Delia

Un paseo para descubrir como a gandaría marcou o carácter de Riotorto, dende as súas paisaxes e tradicións, ata os antigos oficios nas ferrerías. Tamén haberá tempo para falar da historia, da riqueza arqueolóxica ou da toponimia e mesmo para visitar a gandería ecolóxica de Luis Fernández saborear a tarta de Riotorto da man de Confitería Irma.

BARREIROS – Domingo 5 de outubro

Patrimonio e lendas das augas santas con Carmen Delia

Un paseo guiado por recunchos descoñecidos do concello de Barreiros, a carón do Camiño de Santiago. Coñeceranse diversos recursos patrimoniais da parroquia de San Xusto de Cabarcos, que sorprenden pola súa beleza e riqueza artística, así como outros produtos e actividades que aportan valor ao territorio.

Información e reservas

Plans con corazón é un programa promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo. Aínda quedan algunhas prazas libres para estas actividades e para as programadas na seguinte semana, polo que as persoas que o desexen poden reservara súa praza a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/a-marina-plans-con-corazon

As prazas son limitadas e cada actividade terá un custo que varía dos 5€ (inscrición individual), 9€ (inscrición en parella)e 15€ (inscrición grupal para un máximo de 5 persoas), un prezo que inclúe a visita guiada e os seguros de Responsabilidade Civil e accidentes.

O programa finalizará o vindeiro 12 de outubro, logo de desenvolver 16 rutas e visitas guiadas polos 16 concellos da Mariña Lucense, cunha variedade de propostas e percorridos que abranguen desde contornas urbanas ata espazos rurais, desde o litoral ata a Serra do Xistral, nunha iniciativa coa que coñecer o territorio e desfrutar actividades de lecer singulares.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...