InicioM.ambiente e PatrimonioViveiro pode volver consumir auga da billa catro días despois da vertedura...

Viveiro pode volver consumir auga da billa catro días despois da vertedura dun millón de litros de xurro ao Landro

A Consellería de Medio Ambiente afirma que se está investigando o suceso e que "se tomarán as medidas que correspondan"

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, anunciou esta mañá, a través dun bando, a eliminación das restricións do consumo de auga da traída, tras a vertedura dun millón de litros de xurro que se orixinou en Muras e contaminou uns 30 quilómetros do río Landro ata a súa desembocadura, na ría de Viveiro o pasado venres.

Segundo explica a mandataria popular, “os resultados analíticos das mostras tomadas tanto nos depósitos como nos distintos puntos da rede de abastecemento municpal cumpren os parámetros técnico-sanitarios establecidos en materia de calidade da auga” polo que se levanta a restrición tras catro días sen poder consumir. Viveiro recupera así a normalidade total aínda que o domingo pola tarde volveu captar auga directamente do río, pero coa prohibición do seu consumo mentres as análises non fosen óptimas.

O venres pola tarde a rotura dunha balsa de xurro, preto dunha explotación agrogandeira de Muras, foi a causa desta vertedura incontrolada, que rapidamente se estendeu ata a súa desembocadura afectando tamén as praias da localidade. Unha vez detectada a vertedura, Viveiro parou a súa captación de auga e durante a fin de semana tomáronse distintas vías para manter o abastecemento, “que sempre estivo garantido”, recalca a alcaldesa. A alcaldesa tivo palabras de agradecemento aos servizos de emerxencias que estiveron a traballar continuamente estes días e que “vixiaron que todo funcionase correctamente”, engadiu.

Por parte da Consellería de Medio Ambiente destacan que estes días participaron máis dunha trintena de persoas en controlar e frear o impacto da vertedura, procedentes de distintos departamentos dependentes da Xunta, como as Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático –incluído Augas de Galicia–, de Sanidade, do Medio Rural e Mar. A eles engádense tamén profesionais de entidades locais como o propio Concello de Viveiro.

Xunta insiste en que se está investigando o episodio, o seu impacto e posibles consecuencias e que “se adoptarán as medidas que correspondan desde o punto de vista administrativo –coa posibilidade de abrir expedientes sancionadores se se considera oportuno– unha vez finalicen todos os traballos de campo e se conte coas conclusións sobre este incidente”.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...