InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta dá o visto e prace a ampliación da gran balsa...

A Xunta dá o visto e prace a ampliación da gran balsa de lodos vermellos de Alcoa

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Economía e Industria aprobou a autorización para a ampliación da balsa de lodos vermellos de Alcoa en Sn Cibrao, que permitirá aumentar a súa capacidade en catro metros. A balsa de lodos vermellos, segundo destaca a propia Xunta nunha nota de prensa emitida este mércores aos medios de comunicación, “é fundamental para asegurar a viabilidade futura da planta”.

É “clave” dispor dunha infraestrutura onde depositar os residuos xerados durante o procedemento industrial para producir alúmina a partir de bauxita, apunta. Con esta autorización “dáse cumprimento ao anunciado pola conselleira de Economía e Industria, que avanzou hai unhas semanas que a autorización estaría a mediados de mes”, sinala.

Por último, a consellería destaca que esta autorización conta con declaración de impacto ambiental favorable, “respectando así unha tramitación garantista co medio ambiente”. A finais de xaneiro, nunha reunión co comité de empresa, a conselleira, María Jesús Lorenzana, subliñou a importancia desta ampliación, que superou en outubro o trámite de impacto ambiental, para unha infraestrutura “crave para a actividade do complexo industrial”.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...