InicioM.ambiente e PatrimonioDemandan ao Concello de Tapia por autorizar sondeos na mina de Salave

Demandan ao Concello de Tapia por autorizar sondeos na mina de Salave

Oro No sostén que o goberno local prorrogou irregularmente a licenza á mineira Black Dragon Gold

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Oro No confirmou a admisión a trámite da demanda xudicial que presentou contra o Ayuntamiento de Tapia de Casariego pola prórroga da licenza concedida á mineira Black Dragon Gold –antiga Astur Gold– para os últimos sondeos no entorno dos lagos de Silva, en Salave.

O colectivo considera que a autorización se concedeu indebidamente “catro anos despois de que se abandonasen as obras por decisión unilateral de Astur Gold, coincidindo coa chegada de novos accionistas á empresa”.

A asociación argumenta que, para retomar os sondeos, a compañía “debe pedir unha nova autorización municipal conforme á normativa aplicable”, xa que “non houbo ningunha paralización nin motivo de forza maior que evitara a execución dos sondeos” no seu momento.

A alcaldía permitiu as prospeccións o pasado 28 de decembro

Oro No engade nun comunicado que a agrupación “viuse na obriga de impugnar a resolución tras advertir das irregularidades ao Concello de Tapia, sen obter unha resposta satisfactoria”.

O consistorio autorizou a reanudación das prospeccións o pasado 28 de decembro. A empresa mineira, con base en Canadá, anunciara no verán a súa decisión de elaborar un novo proxecto para explotar o xacemento de ouro, ao que atribúe un valor de máis de mil millóns de euros.

ADMITIDA A TRÁMITE

Oro No sinala que a súa denuncia foi admitida a trámite polo Juzgado Contencioso Administrativo Nº 3 de Oviedo, que reclamou ao Concello o expediente coa resolución que autorizou a reanudación dos sondeos.

O colectivo, que encabeza a oposición vecinal á explotación mineira desde as movilizacións do 2012, reafírmase na súa intención de exercer todas as accións xudiciais para impedir que os proxectos mineiros de Tapia de Casariego se leven a cabo.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...