InicioM.ambiente e PatrimonioContinúa aberto o prazo para inscribirse nas xornadas de Turismo Ornitolóxico

Continúa aberto o prazo para inscribirse nas xornadas de Turismo Ornitolóxico

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, subliña que “esta formación, aberta a todos os públicos, está dirixida prioritariamente a axentes do sector turístico público-privado e divulgadores ambientais"

Publicada o

- Advertisement -

Segue aberto o prazo de inscrición para participar nas xornadas formativas en turismo ornitolóxico, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. A cita terá lugar do 10 ao 12 de febreiro no salón de actos do Centro Cívico de Xove. A formación é gratuíta e a inscrición debe realizarse na web https://amarinalucense.gal/gl/ornitoloxia ata o 31 de xaneiro.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, subliña que “esta formación, aberta a todos os públicos, está dirixida prioritariamente a axentes do sector turístico público-privado e divulgadores ambientais. A iniciativa permite mellorar as súas capacidades para atender a demanda, así como desenvolver produtos turísticos atractivos e respectuosos coas especies e os seus hábitats contribuíndo así ao desenvolvemento local sostible”.

Na súa aposta por impulsar A Mariña como destino de turismo ornitolóxico, a Mancomunidade de Concellos está a traballar, en colaboración con empresas especializadas, na ampliación da información divulgativa sobre a diversidade de aves e ecosistemas existentes no territorio dirixida a aqueles viaxeiros interesados na práctica deste tipo de ecoturismo.

A xerente do Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, explica que “deste xeito, está prevista a instalación de 11 totems informativos de baixo impacto paisaxístico noutras tantas áreas representativas a nivel ornitolóxico do xeodestino. Esta acción conlevará a mellora da información existente no apartado correspondente da páxina web, que non só conterá información sobre as especies, os seus hábitats e as zonas de observación, senón que tamén fomentará entre os visitantes un turismo respectuoso co medio. Todo isto irá acompañado da elaboración dun folleto divulgativo da Mariña como destino de turismo ornitolóxico”.

López anima a inscribirse nestas xornadas formativas: “ata o 31 de xaneiro os axentes do sector turístico público-privado, os divulgadores ambientais e o público xeral poden anotarse para aproveitar esta interesante formación, que ofrecemos desde a Mancomunidade”.

Estas accións están promovidas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense 2022-2024, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...