InicioM.ambiente e PatrimonioDenuncia de ADEGA contra a actividade dunha mina de caolín en Foz

Denuncia de ADEGA contra a actividade dunha mina de caolín en Foz

O motivo é o incumprimento das respectivas competencias en relación ás denuncias de ADEGA contra a empresa Euroarce, polo inicio dunha explotación mineira de caolín dentro da zona ocupada polo xacemento arqueolóxico da Mina Romana da Espiñeira, incluída no catálogo do Patrimonio Cultural de Galiza

Publicada o

- Advertisement -

A asociación ecoloxista ADEGA presentou unha denuncia ante a Fiscalía Delegada de Medio Ambiente do TSXG contra o Concello de Foz, o servizo territorial de Enerxía e Minas de Lugo e o servizo territorial de Patrimonio Cultural de Lugo. O motivo é o incumprimento das respectivas competencias en relación ás denuncias de ADEGA contra a empresa Euroarce, polo inicio dunha explotación mineira de caolín dentro da zona ocupada polo xacemento arqueolóxico da Mina Romana da Espiñeira, incluída no catálogo do Patrimonio Cultural de Galiza e no do PXOM de Foz coa referenza GA2701902.

ADEGA denuncia “deseleixo administrativo e posible ‘pelotazo'” detrás das actividades desta empresa extractora. Segundo a asociación ecoloxista a Consellería de Industria “consentiu o funcionamento desta explotación mineira, que data de 1955 e que debería ter sido caducada pola falla de actividade durante tantos anos”. ADEGA asegura que estas accións estanse efectuando sen esixencia de avaliación ambiental nin plan de restauración sobre xestión dos residuos. Acusan a Patrimonio Cultural de non levar adiante accións para a “defensa dun ben arqueolóxico catalogado ao que a actividade mineira está a danar moi gravemente”.

A asociación ecoloxista sinala ao Concello de Foz de terse inhibido na súa responsabilidade de comprobar se a explotación mineira dispuña da correspondente licenza de actividade e de se existía unha declaración responsable por parte da empresa Euroarce.

Na denuncia, ADEGA advirte tamén sobre a operación de especulación que poidera estar facendo a empresa ao iniciar a actividade mineira sobre unha parcela que podería quedar afectada polo futuro trazado da Autovía A-74, de Barreiros a Viveiro.

Con esta denuncia ante o Ministerio Fiscal, ADEGA agarda que sirva de “advertencia ás administracións que consenten ás empresas mineiras todo tipo de irregularidades administrativas na tramitación dos dereitos mineiros e posteriormente fan a vista gorda fronte aos incumprimentos da lexislación de protección ambiental e cultural”.


ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...