InicioM.ambiente e PatrimonioCaetano deixa ventos de máis de 130 km/h en Viveiro

Caetano deixa ventos de máis de 130 km/h en Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela en Galicia, deixou ventos de 133,5 quilómetros por hora en Penedo do Galo, no municipio de Viveiro, así como choivas acumuladas de 62 litros por metro cadrado en Abadín.

Segundo informa Meteogalicia, pola tarde o vento vai amainando, pero a choiva cae con persistencia nas provincias da Coruña e Lugo –mantense ata a noite o aviso amarelo por acumulación de auga–.

Pola súa banda, Punta Candieira, no municipio de Cedeira, tamén se superaron os 100 quilómetros por hora (113,1 km/h). Mentres, preto dos 60 litros por metro cadrado acumulados está o municipio de Monfero.

Con todo, para a xornada do venres prevese un día moi diferente, xa que será seco e con pouco vento, segundo a previsión Meteogalicia.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...