InicioM.ambiente e PatrimonioUn veciño de Barreiros de 27 anos sería o causante do grande...

Un veciño de Barreiros de 27 anos sería o causante do grande incendio de Trabada do 2023

O incendio de Trabada foi o máis importante rexistrado en Galicia o ano pasado, afectou a 2.329 hectáreas e obrigou a activar o nivel 2 do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais. Desaloxáronse 7 aldeas e tiveron que cortarse varias estradas, entre elas a A-8, e a alerta estendeuse ao termo municipal de Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil detivo a un veciño de Barreiros, de 27 anos de idade, como presunto autor dun delito continuado de incendio forestal, polos lumes que afectaron en outubro de 2023 aos termos municipais de Barreiros e Trabada, este último considerado un gran incendio forestal, con máis de 2.300 hectáreas calcinadas.

Segundo explicou a Comandancia de Lugo, o incendio de Trabada foi o máis importante rexistrado en Galicia o ano pasado, afectou a 2.329 hectáreas e obrigou a activar o nivel 2 do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais. Así, desaloxáronse 7 aldeas e tiveron que cortarse varias estradas, entre elas a A-8, e a alerta estendeuse ao termo municipal de Ribadeo.

A investigación foi levada a cabo polo Equipo Multidisciplinar de Investigación de Incendios Forestais (EMIIF) da Garda Civil e, ante a reiteración de incendios producidos nun só día na zona e tras solicitar os primeiros indicios no terreo, os axentes concluíron que o lume tiña unha orixe intencionada, pola aplicación dunha fonte calorífica externa á biomasa herbácea. Tras máis dun ano de ardua e complexa investigación, púidose determinar que os incendios supostamente foran provocados por este veciño de Barreiros, que “actuou de forma dolosa e con plena conciencia de que os actos realizados eran contrarios á lei”.

Na investigación colaborou persoal técnico do servizo de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural. O mozo detido e as dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo. No que vai de ano o EMIIF investigou a nove persoas como supostos autores do delito de incendio forestal, a maioría por imprudencias, sendo as causas máis habituais o incumprimento nas condicións impostas na autorización ou comunicación na realización de queimas, imprudencias en traballos forestais e dolo.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...