InicioM.ambiente e PatrimonioIván Rodríguez, xeólogo: "A día de hoxe non se sabe cal é...

Iván Rodríguez, xeólogo: “A día de hoxe non se sabe cal é o plan de mantemento para a balsa de Alcoa”

Iván Rodíguez Lombardero explica nesta entrevista cal é o motivo de preocupación sobre o aumento de altura do dique da balsa de lodos vermellos en Lago (Xove). A carencia dun plan de actuación para un futuro peche definitivo desta infraestrutura preocupa por non ofrecer unha idea mínima sobre que e como quedará este lugar, quen o controlará no futuro e por canto tempo.

Publicada o

- Advertisement -

-A día de hoxe se houbse que resaltar un perigo importante desta balsa de lodos?

O gran perigo sería a chegada dunhas choivas tan intensas como puidemos ver en Valencia. Polo que eu sei non hai un risco inminente. As críticas que realicei no seu momento versaban sobre as dúbidas do mantemento e clausura definitiva sen que a día de hoxe haxa un plan que permita facer esa clausura sen mantemento. Hoxe en día a estabilidade da balsa está garantida porque hai uns pozos drenando augas que se infiltran e tratadas posteriormente nunha planta de depuración. Mais sucede que non se sabe que se vai facer cando se clausure definitivamente a balsa para evitar a infiltración de auga e garantir a estabilidade desta balsa. Non existe información sobre isto ademais de que se lle dea para adiante a outros catro metros de altura. Tamén, deixan para o último momento presentar a proposta para unha clausura definitiva.

-Que implica a clausura definitiva da balsa de lodos?

A lei de minas exixe que cando se fai un depósito deste tipo hai que ter preparado un plan de restauración e un proxecto de clausura. Cando se abre un proxecto hai que ter preparado un plan para cando se peche. O caso é que agora, con estes novos catro metros de altura, teñen que presentar un novo plan de clausura mais é como se dixesen “imos esperar a ver como queda isto”. Para aceptarche un proxecto tes que presentar un plan onde se describa como quedará todo o lugar cando se peche a actividade. Iso é o que non temos, ese plan, é unha ilegalidade.

-Cando se peche definitivamente a balsa hai que manter controis permanentes sobre ela?

Segundo a lei de minas debe haber un control mínimo de cinco anos a cargo da empresa. Mais sucede que non é o mesmo crear un burato nunha chaira con material impermeable para botar residuos e tapar todo para que quede estable. Non é o mesmo que crear un muro de contención, unha presa de cen metros de altura que sempre será inestable, sempre haberá procesos de degradación e inestabilidade. Habería que ver a proposta da empresa mais iso, un muro con esa pendente, é sempre inestable se non se lle aplica un mantemento permanente.

-Mais polo dito da lei de minas, dedúcese que debera haber un control sobre esta infraestrutura para controlar fisuras, filtracións e outras incidencias.

A lei de minas aborda cuestións xerais mais logo debemos estudar cada caso de xeito individual. Por iso é necesario termos o documento de clausura definitiva, para sabermos cales serán as actuacións a futuro sobre este espazo. Sen un documento que explique como se rematará todo, como se vai controlar, se ese documento non é público é imposible valorar o que vai facer e quen se encargará diso e por canto tempo.

-Os catro metros vanse construír sobre o muro actual ou vaise ampliar a base do dique para subir catro metros máis?

Esta construción do dique de peche cara augas arriba, é dicir, non vas construíndo sobre a vertical do dique senón que vas vertendo sobre os lodos, vertendo cara atrás para manter a pendente do peche.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...