InicioM.ambiente e PatrimonioArco Iris anuncia accións xudiciais "pola balsa de lodos" na contorna de...

Arco Iris anuncia accións xudiciais “pola balsa de lodos” na contorna de Alcoa

Publicada o

- Advertisement -

A organización ecoloxista Arco Iris anuncia que iniciou as “accións oportunas” para personarse como “acción popular” no proceso xudicial vinculado coa necesidade de adoptar medidas “inmediatas” para salvagardar o medio ambiente da contorna de Alcoa, en San Cibrao.

“Medio Ambiente ten xa nas súas mans o informe remitido a semana pasada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que alerta da necesidade de adoptar medidas inmediatas para salvagardar o medio ambiente da contorna de Alcoa en San Cibrao“.

A balsa de lodos da compañía ocupa case 90 hectáreas e preto de 50 hectómetros cúbicos e alberga unha auténtica bomba de reloxaría tóxica”, sostén a organización que engade que “se atopa nestes momentos pendente de certas melloras técnicas para subir a cota do muro e prolongar unha agonía ambiental única en España e Europa”.

Os ecoloxistas, que instan á Xunta a pronunciarse, cren que a “intención de Alcoa é prolongar a xeración de lodos e o seu depósito na balsa ata o ano 2035” e denuncian que isto suporía “acabar con toda unha comarca e a vida mariña en moitos quilómetros”.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...