InicioM.ambiente e PatrimonioEsgotan as prazas para a segunda xeorruta en barco ao Fuciño do...

Esgotan as prazas para a segunda xeorruta en barco ao Fuciño do Porco no Vicedo

Esta viaxe terá lugar o 21 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

Esgotadas as prazas para a segunda xeorruta en barco ao Fuciño do Porco, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Esta viaxe terá lugar o 21 de setembro.

A primeira foi o pasado domingo, 25 de agosto. Os participantes puideron embarcarse nunha lancha a través da ría de Viveiro ata este peculiar lugar, pasando por fermosas praias e cantís. Esta nova xeorruta permitiu coñecer dun xeito diferente a xeoloxía da ría de Viveiro; en especial, puideron observar a gran diferenza de rochas entre ambas marxes, así como a orixe da ría en relación coa falla de Viveiro.

As persoas que puideron gozar desta espectacular xeoruta chegaron procedentes de Madrid, Ribadeo, Foz, Mondoñedo e O Vicedo.

Aínda quedan prazas libres para as outras actividades de xeoturismo que a Mancomunidade oferta para o mes de setembro. Para a Xeorruta Xove, unha ollada baixo a alfombra, que estará guiada polo xeólogo Fran Canosa o vindeiro día 8 quedan once prazas libres.

No caso da Xeoruta á Frouxeira prevista para o 22 de setembro, que conducirá o xeólogo Iván Rodríguez, hai dispoñibles 8 prazas. E para a visita á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, do 28 de setembro quedan tan so dúas prazas dispoñibles.

Todas as actividades de xeoturismo son gratuítas e están abertas ao público, pero é preciso anotarse previamente a través deste enlace:

https://amarinalucense.gal/es/geoturismo

O Plan de Sostibilidade Turística está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

ÚLTIMAS

Rescatan unha muller despois de caer ao mar co coche que conducía en Burela

Unha muller foi rescatada este mércores tras caer ao mar o coche que conducía...

Viveiro modernizará o seu padrón municipal para facilitar os trámites administrativos á veciñanza

O concelleiro Jesús Fernández, en representación do Concello de Viveiro, asinou un convenio de...

A empresa pública estatal ACUAES permitirá financiar a depuradora de San Miguel en Barreiros

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, dirixida por Hugo Morán, comprometeu onte o...

Ribadeo realiza obras de seguridade e accesibilidade na praza Pancho Maseda

Ribadeo aposta por mellorar a accesibilidade e a seguridade de prazas e espazos públicos....