InicioM.ambiente e PatrimonioEcoloxistas denuncian a falta de avaliación ambiental para o emisario submarino de...

Ecoloxistas denuncian a falta de avaliación ambiental para o emisario submarino de Alcoa

Alcoa dispón na súa planta de aluminio da Mariña de dous emisarios submarinos para verter os residuos industriais ao mar. Estes emisarios son supostamente parte do proxecto inicial do complexo industrial, cuxa autorización de verteduras data de 1979.

Publicada o

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción presentou alegacións á solicitude de concesión administrativa para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre con destino ao emisario submarino para evacuación das augas residuais procedentes do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao.

Nun comunicado, a organización ecoloxista sinalou que, segundo informa a propia empresa, Alcoa dispón na súa planta de aluminio da Mariña de dous emisarios submarinos para verter os residuos industriais ao mar. Estes emisarios son supostamente parte do proxecto inicial do complexo industrial, cuxa autorización de verteduras data de 1979.

Con todo, denunciou Ecoloxistas en Acción, a pesar de levar décadas en funcionamento e ser utilizado como avaliación de verteduras na actualidade, Alcoa dixo que “descubriu recentemente esas tubaxes”, unha das cales xa non está en servizo, e solicita agora a concesión administrativa para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre para o emisario submarino.

Neste sentido, a entidade ecoloxista denunciou que se solicitase a autorización sen achegar unha avaliación de impacto ambiental da vertedura destes residuos ao mar Cantábrico. “Non se avalían as afeccións ao ecosistema mariño nin ás zonas de alto valor ambiental, incluídas en Rede Natura 2000. Tampouco hai un estudo da composición dos residuos evacuados e o impacto acumulado na calidade das augas tras décadas de verteduras continuadas”, alertou o portavoz da organización, Cristóbal López.

Así, Ecoloxistas en Acción solicitou ao Servizo Provincial de Costas en Lugo que denegue a concesión administrativa para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre con destino ao emisario submarino para evacuación das augas residuais procedentes do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao.

Así mesmo, demandou ao Ministerio que, “de forma cautelar”, clausure este emisario submarino mentres non conte coa autorización de ocupación e que esta non se conceda ata que se realice un estudo sobre a calidade das augas na contorna da zona de difusión do emisario submarino realizando analíticas nos parámetros asociados aos procesos industriais da planta.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...