InicioM.ambiente e PatrimonioXeorruta no Ollo do Sapo no Vicedo para coñecer a evolución da...

Xeorruta no Ollo do Sapo no Vicedo para coñecer a evolución da costa

Publicada o

- Advertisement -

Os asistentes á Xeoruta do Ollo do Sapo, que tivo lugar onte no Vicedo, coñeceron a evolución desta zona costeira. Esta actividade enmarcouse dentro do Programa de Xeoturismo que arrincaba a finais de 2023 no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña, que cofinancia a Mancomunidade de Concellos, coa Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

A Xeoruta do Ollo de Sapo transcorreu sen incidencias nunha fin de semana na que choveu en toda Galicia excepto na Mariña Lucense. A visita deu comezo ás 10:30 horas, e durante unhas 3 horas as persoas que participaron percorreron as praias de San Román e Xilloi. Nestes areais atópanse materiais de orixe volcánica, que reciben o nome de Ollo de Sapo, xa que amosan unha textura moi característica de grans de cristais de feldespato e cuarzo azulado. Ademais, o xeólogo Fran Canosa explicoulles a orixe e a evolución desta zona costeira. Quince foron as persoas que participaron nesta actividades chegadas desde As Pontes, Foz, Viveiro, Ames, Lugo, Burela e Ourol.

A Mancomunidade de Concellos da Mariña programou para o 29 de xuño a Xeoruta da Marosa, en Burela, de 10 a 13 horas, guiada polo xeólogo Iván Rodríguez. Os participantes observarán os materiais graníticos que conforman a base da paisaxe na Mariña Occidental, así como a dinámica costeira, as formas de erosión e depósito como covas, cantís, praias ou tómbolos. O número de prazas dispoñibles nestes momentos é de 10.

As incricións poden facerse a través da páxina web: https://amarinalucense.gal/es/geoturismo

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...