InicioSucesosAbsoltos por falta de probas dous acusados de violación en Viveiro

Absoltos por falta de probas dous acusados de violación en Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu, por falta de probas, a dous homes que estaban acusados por supostamente violar, no domicilio dun deles, a dous mozos ás que coñeceran nunha discoteca de Viveiro en 2021. Ambos enfrontábanse a 12 anos de prisión

Segundo consta no relato de feitos probados que fai o fallo da Sección Segunda, o 4 de setembro as dúas mozas atopábanse nun pub da localidade cos dous procesados e, cando pechou o local, convidáronas a tomar unha copa no seu domicilio.

Alí ocorreron os feitos que foron obxecto do xuízo despois de que o noivo dunha das mozas convencéseas para que denunciasen. Posteriormente, dirixíronse a Urxencias para ser examinadas por un médico.

Os maxistrados da Audiencia concluíron que a proba practicada “non apunta, sen ningún xénero de dúbidas, ao desenvolvemento dos feitos descritos polas acusacións” sobre a resistencia de ambas as a manter relacións sexuais.

Os maxistrados fan referencia á “escasa contundencia do relato levado a cabo polas dúas denunciantes, que carece de elementos periféricos que poidan apontoar o manifestado por elas”. E é que as súas narracións debían “ser claras, persistentes e concretas” para condenar aos dous acusados.

No relato dunha das denunciantes “non hai tampouco ningún estigma que avale a violencia, polo menos inicial, que describe”. “Ningunha erosión no pescozo, ningunha lesión en xenitais externos. Ningún elemento periférico que poida dotar dun plus de credibilidade ao seu testemuño”, sostén a Audiencia.

Sobre a outra nova, aseguran que a súa narración “é aínda máis errática” e que as variacións no seu testemuño non permiten acreditar “se existiu penetración ou foi unicamente un intento frustrado ao colocar ela as mans nos xenitais”. En todo caso, recoñece que “non existiu persistencia na conduta do procesado” e a iso súmase que “ningún dato periférico avala tampouco esa inicial agresión”.

Os maxistrados estiman que estes argumentos non son suficientes para concluír “que poidan soster un pronunciamento condenatorio, pois o argumentario que defenden os procesados é igualmente sustentable, polo que, sen acreditar plenamente a inocencia, introduce a dúbida que obriga a absolver” ao seu favor.

Polo exposto, e en virtude do principio de presunción de inocencia, a Audiencia Provincial decretou a absolución dos dous sospeitosos. O fallo non é firme, pois contra el aínda cabe presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...