InicioM.ambiente e PatrimonioTapia convoca nove prazas de socorrista

Tapia convoca nove prazas de socorrista

O prazo para anotarse acaba o 8 de xuño, e o traballo será do 23 dese mes ao 9 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

O Ayuntamiento de Tapia de Casariego convoca nove prazas de socorrista para o servizo de salvamento nas praias desde o 23 de xuño ata o 9 de setembro.

O concello vén de publicar as bases para a selección do persoal, que desenvolverá labores de vixiancia, salvamento e atención ao público nas tres praias máis concorridas durante o periodo estival: Serantes, Tapia e La Paloma -nesta última, só durante as fins de semana-.

As persoas interesadas en optar aos postos deberán presentar as súas solicitudes ata o 8 de xuño ás 14.00 horas. O goberno local fará a selección a través dun concurso-oposición no que se valorará a experiencia profesional, lugar de residencia e formación.

Os elixidos serán contratados “a xornada completa cun salario de 1.300 euros ao mes”, segundo apuntou o alcalde, o popular Enrique Fernández, quen lamentou as escasas achegas económicas coas que contan os concellos.

O ALCALDE QUÉIXASE DAS AXUDAS “ESCASAS” DO PRINCIPADO

A contratación dos nove socorristas suporá un investimento de 36.890 euros, dos cales 28.182 sairán das arcas municipais. “O Principado achega un 21 por cento, unha axuda moi escasa. O Ayuntamiento de Tapia ten que facerse cargo tamén dos gastos de farmacia e da instalación dos postos de vixilancia”, explicou o rexedor, quen recordou que o Concello tivo tamén que asumir os custes da limpeza das praias.

O Goberno autonómico dispuxo este ano unha partida de 345.000 euros para repartir entre os municipios costeiros que forman parte do Plan de Salvamento en Playas (Sapla).

CASTROPOL

Castropol tamén contará este verán con nove socorristas nas súas praias. O proceso de selección está neste concello está máis avanzado, xa que o dispositivo vaise pór en marcha o 9 de xuño. Os 14 candidatos e candidatas que aspiran a un dos nove postos ofertados realizarán o 30 de maio as probas selectivas. O exame para os profesionais será na casa da cultura.

ÚLTIMAS

Morre unha muller na Praia das Catedrais

Unha muller faleceu nas últimas horas tras sentirse indisposta cando se atopaba no aparcadoiro...

O PP lucense critica que o Goberno “non avanzase nada” na A-74 e que o proxecto estea en fase de redacción

O PP da provincia de Lugo criticou que o Goberno "non avanzase nada" na...

Antonio Veiga: “En quince anos o PP construíu 15 Km do corredor até Ferrol, quedan 75 anos para completalo”

-Cal era o obxectivo da reunión que o BNG da Mariña mantivo o día...

O PSOE rexeitan o “pobre orzamento do PP” de Mondoñedo

Os Socialistas de Mondoñedo rexeitaron no pasado pleno, celebrado en novembro, o “pobre orzamento...