InicioM.ambiente e PatrimonioNove de cada dez praias da comarca teñen auga "excelente"

Nove de cada dez praias da comarca teñen auga “excelente”

A Xunta analizou 45 areais da costa lucense e concluíu que todos son aptos para o baño

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade otorgou unha cualificación de excelente a nove de cada dez praias da Mariña, segundo informou o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro.

O Executivo autonómico comprobou o estado das augas de 45 praias marítimas nos oito concellos do litoral mariñao. “Todas elas son aptas para o baño e 42 delas obtiveron a cualificación de excelente”, asegurou Balseiro.

BARREIROS, BURELA, RIBADEO, O VICEDO E VIVEIRO ACADAN UN PLENO DE EXCELENCIA

Barreiros, con oito areais, Burela, con catro, Ribadeo, con seis, O Vicedo, con seis, e Viveiro, con catro, son os municipios que poden presumir de excelencia en todas as súas praias.

A Xunta de Galicia realiza controis periódicos de calidade das zonas de baño inscritas no censo oficial. O protocolo inclúe a analítica das augas, unha tarefa que realiza o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, situado na capital provincial. A xefatura territorial de Sanidade remite a todos os concellos afectados a información relativa á calidade das augas do seu municipio.

ESPAZOS SEN FUME

A Consellería de Sanidade ten en marcha o programa Praias sen fume para evitar o consumo de tabaco nos areais. Neste 2018 incorporáronse á rede oito novos espazos da provincia, que se suman aos sete inscritos. O Vicedo ostenta o récord de areais declarados, dado que Caolín e Vidrieiro xa contaban con este distintivo e agora súmanse Xilloi e Abrela.

Tamén estaban adheridas dende a pasada campaña Coto (Barreiros), A Rapadoira (Foz), Esteiro (Ribadeo), O Torno (Cervo) e Esteiro (Xove).

No que atinxe ás praias fluviais, súmase ao programa a do Coto da Recadeira en Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Morre unha muller na Praia das Catedrais

Unha muller faleceu nas últimas horas tras sentirse indisposta cando se atopaba no aparcadoiro...

O PP lucense critica que o Goberno “non avanzase nada” na A-74 e que o proxecto estea en fase de redacción

O PP da provincia de Lugo criticou que o Goberno "non avanzase nada" na...

Antonio Veiga: “En quince anos o PP construíu 15 Km do corredor até Ferrol, quedan 75 anos para completalo”

-Cal era o obxectivo da reunión que o BNG da Mariña mantivo o día...

O PSOE rexeitan o “pobre orzamento do PP” de Mondoñedo

Os Socialistas de Mondoñedo rexeitaron no pasado pleno, celebrado en novembro, o “pobre orzamento...