InicioM.ambiente e PatrimonioO PP esixe ao Concello que retire un cetáceo morto en Rinlo

O PP esixe ao Concello que retire un cetáceo morto en Rinlo

Segundo os populares, os veciños quéixanse do cheiro, pois o animal leva unha semana en descomposición

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Ribadeo faise eco de denuncias veciñais pola presenza do cadáver dun cetáceo que, segundo afirman os populares, leva morto unha semana na zona do porto sen que o goberno local fixese nada para retiralo.

O edil dos PP en Ribadeo, Juan Estévez, quéixase da demora en retirar o cadáver en descomposición. Asegura que “o goberno municipal foi advertido desta circunstancia polo grupo municipal popular e non fixo nada para retiralo, simplemente limítase a dicir que xa activou o protocolo. Non entendemos que sacar unha mostra para a súa análise e posterior retirada pola parte do Concello de Ribadeo sexa tan difícil. O cetáceo segue onde estaba e dá un cheiro moi molesto”.

ESTRADA DO CÁMPING

O concelleiro do partido conservador engade que “o goberno local quéixase doutras administracións, pero non fai nada na súa casa para corrixir situacións como a da estrada do cámping e a da ponte de Rinlo, que se atopan nun estado lamentable. Esperamos coherencia do Concello”, afirma.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...