InicioEconomíaA Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña mostra o seu...

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña mostra o seu apoio ao sector pesqueiro ante o veto da UE

A Plataforma lembra que a frota galega cumpre escrupulosamente todas as normativas ás que está suxeita, malia ser un sector enormemente castigado polas directrices europeas , que relega á frota galega e mariñá a faenar nunhas condicións de clara desventaxa respecto a outros lugares da Unión Europea.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña enviou un comunicado onde declara o seu apoio ao sector pesqueiro da comarca diante de inminente entrada en vigor da decisión da Comisión Europea. Dito veto suporía frear a toda a pesca de fondo en 87 áreas da costa do Estado español, Portugal , Francia e Irlanda, expulsando dos caladoiros tradicionais a preto dun milleiro de barcos , dos cales uns 200 son pesqueiros galegos cun cincuenta por cento deles con orixen na Mariña.

A Plataforma lembra que a frota galega cumpre escrupulosamente todas as normativas ás que está suxeita, malia ser un sector enormemente castigado polas directrices europeas , que relega á frota galega e mariñá a faenar nunhas condicións de clara desventaxa respecto a outros lugares da Unión Europea. A maiores, esta decisión de Europa de vetar a pesca de fondo aos nosos barcos sería un ataque máis a unha comarca azotada polo desmantelamento da súa industria , o abandono no que sumiron á gandeiría e ao sector agrícola os responsables políticos e o “desguace” que a nosa sanidade pública está a sufrir, agravada polo golpe mortal que produciu supresión da área sanitaria da Mariña.

Ademais declaran que “non podemos esquecer que este novo golpe para a comarca significaría a perda de preto dun milleiro de postos de traballo directos e da industria relacionada , cifra que nos colocaría á altura dos postos de traballo do sector do aluminio”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...