InicioEconomíaO empresariado lucense pide frear o desmantelamento industrial da Mariña

O empresariado lucense pide frear o desmantelamento industrial da Mariña

"A SEPI ten que tomar medidas de forma inmediata e facerse cargo de Alcoa", di A CEL.

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, reclama ao Goberno central, que ten “competencias, que tome medidas para frear o desmantelamento industrial da comarca da Mariña.

“Non pode haber unha treboada máis perfecta”, alerta, ao coincidir a problemática situación de Alcoa e Vestas, “que representan unha parte moi importante do tecido industrial da provincia”.

Por iso, “é fundamental nestes momentos dar unha resolución clara aos traballadores que levan con gran incerteza desde hai tempo”.”Alguén ten que tomar as rendas nisto, e non pode ser outra que quen ten competencias en materia industrial, que é o Goberno, e hai que pór encima da mesa unha solución inmediata“, reivindicou.

Sobre a situación da planta de Alcoa en San Cibrao, municipio de Cervo, Jaime López considera que non hai “outra saída” que a comprometida no seu día de intervención por parte da Sociedade Española de Patentes Industriais (SEPI).

“Estamos a ver o encarecemento cada día máis da enerxía, o cal fai que as nosas industrias se fagan non rendibles. A SEPI ten que tomar medidas de forma inmediata e facerse cargo desa industria e estimular, en colaboración coa Xunta, que se poñan os fondos necesarios para que esta empresa siga asentada na Mariña”, concluíu o secretario xeral da CEL.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...