InicioM.ambiente e PatrimonioO Concello de Barreiros estuda o impacto do parque eólico Borrasca que...

O Concello de Barreiros estuda o impacto do parque eólico Borrasca que afecta ao municipio

Despois dunha petición do Goberno central, o Concello está a analizar tecnicamente o proxecto e a emisión de informes ao respecto, así como informándose sobre o mesmo, para proceder no prazo estipulado a realizar as actuacións máis oportunas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros recibiu a comunicación da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Galicia a tramitación do procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria do parque eólico Borrasca.

A esta documentación, engádese o procedemento substantivo aplicable do proxecto do parque eólico, de 84 MWp, e a súa infraestrutura de evacuación, que afecta parcialmente a Barreiros.

Neste momento, o Concello está a analizar tecnicamente o proxecto e a emisión de informes ao respecto, así como informándose sobre o mesmo, para proceder no prazo estipulado a realizar as actuacións máis oportunas.

Dado a complexidade deste tipo de proxectos, o Concello anunciou un estudo pormenorizado do que se trasladará información pública ao respecto no momento en que se teña a mesma e co obxectivo de dar a coñecer o mesmo.

O prazo para a emisión do informe rematará o 18 de outubro.

ÚLTIMAS

Rebaixan a 12 anos a pena para un home acusado de violar a unha muller en Burela

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home acusado...

Ribadeo avanza nas obras de abastecemento segundo se traslado á Mesa da Auga

As obras do abastecemento de Ribadeo marchan a bo ritmo. Así se puxo de...

O proxecto de saneamento de Barreiros entre os orzamentos aprobados polo Goberno para ACUAES

O Consello de Ministros autorizou unha nova modificación do convenio de xestión directa da...

Alfoz e Lourenzá preparan os seus respectivos actos para o 25 N

O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, organiza...