InicioEconomíaNova xuntanza entre Goberno, Xunta e traballadores para "unificar posturas" fronte a...

Nova xuntanza entre Goberno, Xunta e traballadores para “unificar posturas” fronte a Alcoa

O Tribunal Supremo convocou aos maxistrados da sala do social para debater sobre o recurso que interpuxo Alcoa contra a anulación do expediente de regulación de emprego (ERE).

Publicada o

- Advertisement -

Goberno, Xunta, sindicatos e comité de empresa de Alcoa San Cibrao reúnense este luns 30 de agosto para abordar a eventual venda da fábrica de aluminio de Cervo a un terceiro.

O encontro, segundo informa o comité, está fixado para as 16,30 horas e o seu obxectivo é tratar de “acabar de unificar posturas” para avanzar na operación, que está bloqueada desde hai meses.

A escasos días do inicio de setembro, sobre o persoal pesa a data do 20 de outubro, día no que o Tribunal Supremo convocou aos maxistrados da sala do social para debater sobre o recurso que interpuxo Alcoa contra a anulación do expediente de regulación de emprego (ERE) na fábrica. Ese axuste afectaba a máis de medio centenar de empregos da planta.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...