InicioEconomíaA Xunta ante a xuntanza da ministra Reyes Maroto en Pittsburgh: "a...

A Xunta ante a xuntanza da ministra Reyes Maroto en Pittsburgh: “a ver se dá un xiro a situación”

Lembro que son catro empresas as que trasladaron oferta non vinculante.

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, espera que a reunión deste luns entre a ministra de Industria, Reyes Maroto, e o presidente de Alcoa, Roy Harvey, supoña “un fito que dea un xiro á situación” da planta de Cervo.

“O máis importante é que tanto o Goberno como Alcoa poidan achegar posturas e póidase establecer un camiño de diálogo para ese proceso de venda”, destacou, en declaracións aos medios de comunicación durante un acto en Betanzos.

Ten que ser un fito que dea un xiro á situación actual e que permita que Alcoa realmente traslade a súa vontade de vender e ao mesmo tempo que haxa unha implicación e compromiso por parte do ministerio e da Xunta para participar activamente e que podamos chegar a éxito con esa solución para Alcoa”, subliñou.

Neste sentido, trasladou que o Executivo autonómico vai seguir ” traballando” e reiterou que espera que “esas posturas se poidan achegar e tanto Goberno e Alcoa establezan o procedemento polo cal establecer esa negociación cos posibles compradores”.

Neste momento, lembrou, son catro empresas as que trasladaron oferta non vinculante, polo que aposta por “traballar para que esa oferta poida ser vinculante e póidase producir a venda”.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...