InicioEconomía"A SEPI non pode ser o refuxio dunha empresa que está a...

“A SEPI non pode ser o refuxio dunha empresa que está a xogar co emprego de moitas familias”, di o delegado do Goberno en Galicia

"Imos estar ao carón dos traballadores, imos defender a actividade industrial e a SEPI vai estar aí para axudar, para colaborar, para acompañar e para mediar", aclara.

Publicada o

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou este venres o papel que o Ministerio de Industria e, especialmente, a SEPI, están tendo para resolver a situación na que se atopa a planta de Alcoa en San Cibrao.
A SEPI non queda á marxe senón ao contrario: está máis implicada que nunca. O que non pode facer a SEPI é ser o refuxio dunha empresa que está a xogar co emprego de moitas familias e que quere aproveitarse, ademais, da boa vontade e do esforzo que estamos a ter as administracións”, dixo en declaracións aos medios.
Neste sentido, destacou que a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, reunirase coa representación dos traballadores. “A ministra aceptará porque sempre estivo cos traballadores, sempre atendeu ao colectivo e, por tanto, podo asegurar que imos ter esa reunión que están a pedir”, apuntou.
Respecto da situación actual, pediu a Alcoa que garanta o futuro ou que venda para poder manter o emprego. “Imos estar ao carón dos traballadores, imos defender a actividade industrial e a SEPI vai estar aí para axudar, para colaborar, para acompañar e para mediar. Pero está claro que hai empresas que están interesadas na compra e Alcoa o que ten que facer é seguir cun proxecto industrial que sexa solvente ou vender e irse e non enredar máis”, concluíu.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...