InicioEconomíaExpomar dá un paso cara a normalidade cun formato semipresencial para as...

Expomar dá un paso cara a normalidade cun formato semipresencial para as súas xornadas técnicas

As XXVIII Xornadas Técnicas celebraranse telemáticamente este xoves, aínda que se ofrecerá seguir a xornada en directo desde o salón da Confraría de Pescadores de Burela.

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar celebrará as súas Xornadas Técnicas na mañá deste xoves, 20 de maio baixo, baixo o lema “2021: odisea na Pesca”. Un tema que reflexa, perfectamente o que está acontecendo no sector logo da pandemia do coronavirus. As xornadas poderanse seguir a través de internet rexistrándose previamente na web www.expomar.com.

Como novidade este ano a Fundación Expomar propón un formato semipresencial, animando a todas as persoas do sector pesqueiro a que poidan seguir en directo a xornada presencialmente desde o salón de actos da Confraría de Pescadores. As xornadas analizarán a situación pesqueira actual desde a perspectiva da patronal e das administracións europea, central e autonómica.

O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, abrirá a xornada ás 10:00h cunha intervención emitida desde o salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela, desde onde tamén moderará o evento o director de Abanca Mar, Javier Fraga. Tamén participarán a distancia, Isabel Artime, directora xeral de pesca sustentable do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; Emilia Gargallo, de DG Mare da Comisión Europea; Javier Garat, secretario xeral de Cepesca e presidente de Europeche; e Rosa Quintana, conselleira do mar da Xunta de Galicia, que se encargará da clausura ao redor das 13:30h.

O venres 21 pola mañá celebrarase o Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que reunirá de maneira virtual ás principais entidades representativas da frota galega e do sector pesqueiro a nivel nacional.

As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial están organizados pola Fundación EXPOMAR, en colaboración coa Deputación de Lugo e Afundación Obra Social Abanca, e financiadas polo GALP A Mariña Ortegal.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...