InicioEconomíaEsquelas, escaparates con papeis de xornal, apagóns: o comercio mariñao simula o...

Esquelas, escaparates con papeis de xornal, apagóns: o comercio mariñao simula o peche para reivindicarse

Os empresarios da bisbarra desenvolveron varias campañas para concienciar á poboación sobre a importancia dos pequenos negocios no tecido social e económico da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

O comercio de proximidade da Mariña Lucense reivindicou este venres a súa importancia para o tecido económico e social das vilas da bisbarra con distintas campañas que convidaron a reflexionar aos clientes.

As asociacións de comerciantes impulsaron varias iniciativas. En Ribadeo, a Acisa tirou de esquelas de gran tamaño (50 por 70 centímetros) para lembrar que a morte dos pequenos negocios está próxima se non hai unha concienciación por parte do consumidor.

En Burela, os escaparates apareceron este venres cheos de papeis de xornais, co lema “se non merca aquí, este pobo non existe“.

Desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) xa convidaban a pensar meses atrás. “Imaxinas Viveiro sen estes negocios?”

Ás oito da tarde deste venres, e ata as 00.00 horas, centos de negocios da bisbarra permanecen a escuras por unha impulsada pola Federación de Comercio A Mariña (FCAM).

3.000 POSTOS DE TRABALLO

Segundo os datos da FCAM, o comercio local da bisbarra agrupa a 900 empresas, xera 3.000 postos de traballo e un volume de negocio duns 300 millóns de euros ao ano.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...