InicioEconomíaA Mariña é o segundo distrito forestal de Galicia con maior facturación...

A Mariña é o segundo distrito forestal de Galicia con maior facturación pola venda de madeira

Os propietarios forestais da comarca ingresaron arredor de 21,1 millóns de euros no ano 2020.

Publicada o

- Advertisement -

EFE | A Asociación Forestal de Galicia (AFG) informou de que os propietarios forestais da provincia de Lugo ingresaron arredor de 81,8 millóns de euros pola venda de madeira no ano 2020, de acordo cos datos de tallas rexistrados pola Consellería do Medio Rural.

A comarca da Mariña é a que concentra un maior volume de facturación, con 29,6 millóns de euros; seguida pola Terra Chá, con 21,1 millóns, e o distrito forestal de Lugo-Sarria, con 19 millóns de euros.

De feito, os datos da Mariña sitúan a esta comarca como o segundo distrito forestal de Galicia con maior facturación pola venda de madeira durante o pasado ano, moi preto de Ferrol -Ortegal e Bergantiños- As Mariñas Coruñesas, que lidera a lista con 31,2 millóns de euros. Ademais, A Mariña tamén é a segunda comarca de Galicia con máis vendas de madeira de eucalipto, tamén por detrás de Ferrol-Ortegal.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...