InicioEconomíaO Consello Galego de Pesca defenderá "unido" o sector tralo Brexit

O Consello Galego de Pesca defenderá “unido” o sector tralo Brexit

A conselleira do Mar pedirá unha reunión coa directora de DX Mare e co presidente da Comisión de Pesca da Eurocámara

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse este martes, de forma telemática, co sector nun Consello Galego de Pesca extraordinario no que se abordou a folla de ruta en defensa dos intereses galegos ante o Brexit.

En declaracións remitidas á prensa tras o encontro, a conselleira sinala que este acordo pesqueiro entre UE e Reino Unido é “negativo” para a frota do Gran Sol e o Cantábrico Noroeste.

Quintana reuniuse este martes, de forma telemática, co sector nun Consello Galego de Pesca extraordinario no que se abordou a folla de ruta en defensa dos intereses galegos ante o Brexit.

O Goberno galego encargou dous informes: un técnico-administrativo –centrado no impacto que terá na actividade extractiva e na comercialización–, que fará a Fundación MarInnLeg; e outro xurídico, do que se encargará o profesor José Manuel Sobrino, do Instituto Universitario de Estudos Europeos Salvador de Madariaga da UDC. O obxectivo é que acheguen “luz” á estratexia do sector.

Ademais, solicitouse unha reunión con todos os eurodeputados españois que forman parte da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo para que participen nunha reunión do Consello Galego de Pesca e se poida analizar con eles a “letra pequena” dos acordos.

Así mesmo, solicitarase unha reunión coa directora de DX Mare –responsable das políticas europeas sobre asuntos de pesca–, Charlina Vitcheva, e co presidente de Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Pierre Karleskind, para trasladar as liñas de defensa para un sector pesqueiro “forte”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...