InicioEconomíaA borrasca Bella mantén amarrada a frota e remata un "ano horroroso"...

A borrasca Bella mantén amarrada a frota e remata un “ano horroroso” para o porto de Burela

A situación meteorolóxica impediu faenar na última semana e interrompeu unha Campaña de Nadal que estaba no punto de mira polos prezos e a situación sanitaria

Publicada o

- Advertisement -

O mal tempo, especialmente no tocante ao vento, que arrastra a borrasca Bella mantivo amarrada todo o que vai de semana a práctica totalidade da frota do porto lucense de Burela, que remata así un “ano horroroso” para o sector, segundo explicou o presidente da Confraría de Pescadores local e presidente da federación nacional de pósitos, Basilio Otero.

Esta situación provocou que non se cumpran as expectativas en canto a vendas na campaña de Nadal e espérase que os próximos días a situación persista e os barcos continúen “amarrados a porto”.

“A borrasquiña de nome Bella veunos rematar un ano horroroso; agora o que toca é paciencia, non queda outra”, explicou, resignado, Otero.

No entanto, destaca, o peixe segue “no mar e segue medrando“, co cal, “no canto de collelo dun quilo”, capturarase “xa cun quilo cen ou un quilo douscentos” en canto a situación meteorolóxica mellore.

Non mandamos no mar e o tempo vén como vén“, asumiu Otero, que utilizou unha metáfora do sector para definir este 2020: “Hai que fondealo cunha áncora ben grande e que non volva asomar un ano coma este. Foi para esquecer, sobre todo pola xente que se nos foi”, concluíu o patrón maior burelao.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...