InicioEconomíaA pescada do pincho de Burela loce no Metro de Madrid

A pescada do pincho de Burela loce no Metro de Madrid

O "produto estrela" da frota e o porto burelao protagonizan a campaña de OPP e ABSA en seis vagóns do transporte público e nos corredores da concorrida parada Diego de León

Publicada o

- Advertisement -

“Si piensas en merluza, piensa en Burela” é o lema da campaña que a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP), coa colaboración de ABSA, levou a cabo durante o último mes para promocionar en Madrid o seu produto estrela: a pescada do pincho, que protagonizou unha acción publicitaria dentro das instalacións do Metro.

A campaña trasladou a imaxe xigante do porto de Burela e do mar do Gran Sol ás paredes dos corredores do metro de Madrid para reivindicar “un produto pesqueiro de primeira calidade, resultado dunha arte de pesca tradicional e sostible, como é o pincho”, lembra a OPP.

O produto presentábase de forma espectacular en corredores e vagóns deste transporte público, “co obxectivo de crear unha identidade propia para a pescada de Burela e posicionar a marca dentro do mercado estatal, distinguíndoa pola súa extraordinaria calidade, para conquistar os padais e as mesas de toda España”, engaden os armadores.

Además de personalizar seis vagóns do metro, os corredores da parada Diego de León, na liña 6 da ruta circular do centro, unha das de maior tránsito, reconvertéronse integramente coa imaxe de ‘Merluza de Burela’.

“Na arte final coidáronse e potenciáronse aspectos que diferencian o produto ata facelo excepcional: a súa calidade e sabor, facendo fincapé nun estilo de vida que aposta pola alimentación sana, fresca, natural e diferente. Precisamente sobre este estilo de vida xira outra das accións promocionais que se están levando a cabo a nivel nacional, e que utiliza os medios de internet e redes sociais para facer chegar a ‘Merluza de Burela’ a un público xove non consumidor habitual de peixe”, conclúe a OPP.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...