InicioEconomíaIndalecio Seijo relevará a Vilariño Anca como presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San...

Indalecio Seijo relevará a Vilariño Anca como presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao

Enxeñeiro naval e ferrolán de nacemento, exerce de capitán de navío e de subdirector do Canal de Experiencias Hidrodinámicas do Pardo en Madrid

Publicada o

- Advertisement -

Indalecio Seijo Jordán substituirá a José Manuel Vilariño Anca como presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Así o anunciou a Xunta de Galicia a través dun comunicado de prensa.

Indalecio Seijo, nado en Ferrol en 1963, é oficial da Armada desde o ano 1987 e enxeñeiro naval desde 1997. Na actualidade exerce de capitán de navío e de subdirector do Canal de Experiencias Hidrodinámicas do Pardo en Madrid.

Martín Fernández Prado substituirá a Enrique Losada á fronte da Autoridade Portuaria da Coruña mentres que o ex conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña ocupará o lugar de Enrique López Veiga na de Vigo.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía terá como novo presidente a José Manuel Cores Tourís, cargo que actualmente ostenta Sagrario Franco.

Estes cambios sairán publicados nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG) e posteriormente no Boletín Oficial do Estado (BOE) facéndose efectivos ao día seguinte da súa publicación no BOE.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...