InicioEconomíaOs empresarios lucenses piden a apertura comercial do dique norte de Alcoa

Os empresarios lucenses piden a apertura comercial do dique norte de Alcoa

Cren que liberar a instalación de Morás tería "un efecto dinamizador" da economía mariñá

Publicada o

- Advertisement -

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) propón recuperar o dique norte de Alcoa, en Morás, para tráfico xeral e a constitución dunha Autoridade Portuaria de Lugo.

Para o colectivo de empresarios, deste xeito aproveitaríanse de forma “efectiva” os recursos xerados polos portos da provincia.

O secretario da CEL, Jaime López, subliña nun comunicado que malia a importancia de Alcoa para A Mariña, a súa implicación coa comarca é “relativa” ao tratarse dunha multinacional.

A MARCHA DE ALCOA, “POSIBLE”

O problema económico e social que pode provocar a súa marcha (sen dúbida posible) é dunha gravísima magnitude”, prosegue.

Por iso, a agrupación de empresarios lucense considera que a liberalización do dique norte antes que que remate a concesión -que caduca no 2023-, é “imprescindible” para habilitar alternativas a un posible peche da planta.

López argumenta que o “efecto dinamizador” do porto “sería inestimable para a economía mariñá”.

VELLA REIVINDICACIÓN

A liberalización do dique norte, unha instalación en desuso que desfruta en exclusiva Alcoa para abrigar o muelle sur, onde se centra a actividade do complexo do aluminio, é unha vella reivindicación. Hai máis dunha década, o Goberno central e a Xunta de Galicia iniciaron contactos para acadar este propósito sen que se concretase unha solución.

López subliña que “no 2010 realizouse un estudo que consideraba viable a apertura sen interferir na actividade de Alcoa”.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...