InicioEconomíaO domador Santi Serra actuará na Feria de Muestras de Vegadeo

O domador Santi Serra actuará na Feria de Muestras de Vegadeo

O 55 aniversario da cita, adicada á gandería, inclúe un coloquio sobre a xestión das explotacións

Publicada o

- Advertisement -

A Feria de Muestras de Vegadeo, que cumprirá 55 anos do 7 ao 10 de xuño, é un símbolo de orgullo para o municipio asturiano. Quizais por iso, o goberno local vegadense tentou dar á presentación do seu cartaz, no Parque del Medal, o maior simbolismo posible: programou o acto para a mesma hora e o mesmo día -15 de maio, 12.00 horas- nos que se anunciou a primeira edición do evento. O Concello adiantou tamén que Santi Serra, gañador do programa de televisión ‘Tú si que vales‘, ofrecerá un espectáculo de doma en liberdade o sábado 9.

É unha das novidades da mostra, que inclúe tamén no seu programa un ‘showcooking’ a cargo de Ternera Asturiana e unha exhibición avícola da asociación Pinta Pinta. Tamén haberá unha mesa de debate, o domingo 10, sobre as fórmulas de xestión das explotacións ganadeiras, que se enmarca dentro das actividades da décima edición do Foro de Comunicación y Escuela que impulsa o Instituto de Educación Secundaria (IES) Elisa y Luis Villamil. Participará no coloquio o director da cooperativa do Clun, Ángel Miranda.

“UNA FERIA DE LA LECHE” É O LEMA DO CARTEL, OBRA DO NETO DE BRAULIO PEREIRA, UN DOS IMPULSORES DO EVENTO

Aínda que se trata dunha feira multisectorial, o cartel da exposición neste 2018 fai unha chiscadela á gandería e tamén referencia á calidade dos expositores: “Una feria de la leche” é o lema da edición deste ano. Nunha casualidade que quizais tamén teña un certo simbolismo, o deseñador é Jorge Pereira, neto de Braulio Pereira, que no 1964 era alcalde de Vegadeo cando comezou a mostra. A petición do Concello, todos os establecementos de hostalería da localidade colocaron o póster nos seus escaparates á mesma hora.

IMPLICAR AO POBO

A intención do goberno local é implicar a todos os colectivos sociais na celebración. Por iso, os maiores do centro de día exporán tamén os seus traballos na segunda feira máis antiga de Asturias, trala de Gijón. “Un dos nosos obxectivos é involucrar ao pobo, pois é a mellor garantía da súa pervivencia. Levamos 55 anos consecutivos celebrándoa, pasamos pola crise e resistimos, e quenes temos unha responsabilidade política non podemos deixar que isto morra por nada do mundo”, explica a edil de festexos, Alba Álvarez.

ÚLTIMAS

María José Ginzo, matemática: “Unha conclusión é que o mapa dos apelidos galegos coincide cos das dióceses”

-Que motivación viches en realizar un traballo arredor dos apelidos, a súa cuantificación e...

As néboas perennes do Alto do Fiouco manteñen o debate sobre a seguridade viaria na A-8: “Cando xa estás no túnel de néboa, non...

Nos verdes pasteiros que disecciona a Autovía do Cantábrico ao seu paso polos municipios lucenses...

Foz fai un balance positivo do verán con mil visitantes máis que en 2023

As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...