InicioEconomíaBurela reelixe a Basilio Otero como patrón maior e as confrarías mariñás...

Burela reelixe a Basilio Otero como patrón maior e as confrarías mariñás optan pola continuidade

Dos seis pósitos lucenses, só Ribadeo e O Vicedo estrean responsable e o novo dirixente da asociación de pescadores vicedense exercía xa como vicepatrón

Publicada o

- Advertisement -

Basilio Otero foi reelixido este luns por aclamación como patrón maior da confraría de pescadores de Burela.

Os 22 membros da xunta xeral revalidaron a confianza en Otero, empresario de artes menores, para un cargo que ostenta desde novembro de 2008.

Os vicepatróns da confraría burelesa serán José Ramón López Fernández, traballador de arrastre, e Raúl Canoura, empresario de palangre de fondo.

O patrón maior de Burela asegura que centrará os seus esforzos na consecución dunha grúa para as embarcacións “que levamos reclamando desde a época do meu predecesor, Alfonso García Abad“.

otero aspira que burela ACADE unha grúa para embarcacións que ambiciona desde hai máis dunha década

As consecuencias do Brexit para a pesca do Cantábrico, o regulamento de control ou as medidas técnicas son outras das preocupacións sinaladas por Otero.

Respecto á posibilidade de presentarse para presidir a federación provincial de confrarías, Otero sinala que “a decisión tomarase por consenso. Ata agora foi sempre o patrón maior de Burela, por unha cuestión de comodidade, xa que a sede da agrupación está aquí, pero estou seguro de que non imos ter problemas por iso”, conclúe.

O VICEDO

Os resultados nas eleccións das confrarías mariñás mostran un afán de continuidade. Só hai dous novos patróns maiores, en Ribadeo e O Vicedo, e neste caso o elixido -sen que fose preciso votar- foi Diego Pernas, que exercía o cargo de vicepatrón.

RIBADEO

En Ribadeo, o empresario Javier Martínez foi elixido por aclamación polos dez membros da xunta xeral. A mariscadora Luz María Martínez será a vicepatroa e o cabildo estará formado por seis persoas.

CELEIRO

O patrón maior máis lonxevo da Mariña é Domingo Rey, empresario de Alegrín S. L., que continuará nun cargo que ocupa desde 2004.

Confraría de Celeiro. AXM

Trala votación dos 18 membros da xunta xeral de Celeiro, o vicepatrón será un traballador, Alfonso González. O cabildo celeirense estará formado por oito membros.

o dragado do porto de celeiro é a preocupación de domingo rey, que leva no cargo desde 2004

Rey expón que o seu principal obxectivo é o dragado do porto de Celeiro, dado que a area acumulada resta operatividade.

O anterior dragado remóntase a principios de século e trátase dunha reivindicación da frota celeirense desde alomenos o ano 2007. O patrón maior resalta que “é moi necesario e queremos telo canto antes”.

SAN CIBRAO

En San Cibrao houbo votación aberta, na que sete dos dez membros da xunta apostaron por Javier Sánchez, da embarcación Cadrado, que repite como patrón maior.

Sánchez mantén a confianza da confraría desde o 2009. O vicepatrón será Jacobo Balseiro.

O patrón maior sancibrense resalta como frontes principais “facer forza ante as administracións para a consecución de mellores cotas, a prohibición dos descartes a partir de xaneiro do 2019 e as melloras no porto”.

FOZ

En Foz tampouco houbo novidade. Malia que non quería seguir, “para deixar paso a xente nova que viñese con novas ideas”, nove dos dez membros da xunta xeral de Foz -todos agás el mesmo- votaron a José Juan Lestegás.

O patrón maior da confraría de Foz, armador da embarcación artesá Alondra, leva no cargo desde 2009. Leopoldo López será o vicepatrón.

“a frota vai a menos e somos 50 socios, pero a ver que empresa do concello ten esa envergadura”, din na confraría de foz

A intención de Lestegás é “seguir neste camiño e manter a confraría saneada”. Como materias pendentes, cita “o dragado da canle de entrada, unha vez feito o do porto, pois as embarcacións teñen que entrar a media marea, senón quedan varadas“.

Tamén pedirá “o dragado do porto chico“. As cotas de especies como a sardiña, o bocarte, o verdel ou o bonito serán outras das pelexas do patrón maior de Foz.

“A frota vai a menos, pero somos 50 asociados. Habería que preguntarse cantas empresas no municipio teñen esa envergadura”, reivindica.

ÚLTIMAS

Montse Porteiro: “sabemos que sanitariamente esta comarca está cualificada de difícil cobertura”

-Cales son as circunstancias detrás das concentracións en Ribadeo e O Valadouro? En Ribadeo, e...

Concentración no Valadouro reclamando a cobertura das prazas médicas

Unha concentración de 500 persoas segundo a Plataforma pola Sanidade Pública da Mariña, concentráronse...

Cortada por obras desde o martes ata o venres a estrada LU-P-2007, en Foz

A estrada LU-P-2007 no municipio lucense de Foz quedará cortada desde o martes ao...

Fran Cajoto: “Os ‘Cantos na Taberna’ son unha maneira de preservar o noso patrimonio’

-De onde parte esta iniciativa de 'Cantos na Taberna' de Foz? Isto parte dunha iniciativa...