InicioEconomíaAdamo despregará fibra óptica en Mondoñedo en novembro

Adamo despregará fibra óptica en Mondoñedo en novembro

A firma sueca emprega o cableado eléctrico para ofrecer servizos de telefonía e internet no rural

Publicada o

- Advertisement -

A empresa de telecomunicacións sueca Adamo comezará en novembro o despregamento de fibra óptica no concello de Mondoñedo. A compañía empregará as canalizacións e infraestruturas da eléctrica Viesgo para conducir os sinais cos que ofrecerá os seus servizos de telefonía e internet.

As súas previsións pasan por concluir os traballos na primavera de 2019, que marcan como data para chegar “aos 2.700 fogares do concello”. A firma compromete unha conexión con 1.000 Mb de descarga e 300 Mb de subida, unhas prestacións superiores as que ofrecen outras operadoras e en lugares aos que tampouco chega o seu cableado.

“Onde chega a luz pode chegar a fibra”. É a formulación que guía o proxecto de expansión da firma nórdica pioneira en aproveitar a infraestrutura eléctrica para distribuir sinais de datos en España. O seu primeiro centro de operación foi Cantabria, onde despregou a primeira rede aberta de fibra óptica.

A estratexia comercial da empresa inclúe a implantación nos municipios da Mariña

A firma sueca presentou en xaneiro un plan de expansión en España na que fixaba a provincia de Lugo –ademais de Navarra, Toledo e Ciudad Real- como obxectivo.

O proxecto da empresa pasaba por despregar a súa infraestrutura en 38 concellos da provincia nos vindeiros tres anos. A súa estratexia comercial inclúe a implantación en todos os municipios da Mariña. O investimento anunciado foi de 16 millóns de euros.

A compañía ofrece servizos de internet e telefonía con rede propia en Cantabria, Cataluña, Valencia, Sevilla e Madrid.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...