InicioEconomíaO BNG esixe a Transición Ecolóxica que permita a comercialización do marraxo

O BNG esixe a Transición Ecolóxica que permita a comercialización do marraxo

Rego sinala que a imposibilidade de comercializar esta especie, considerada protexida, e o baixo prezo da quenlla ameazan a supervivencia da frota de palangre de superficie

Publicada o

- Advertisement -

O BNG demanda de forma “urxente” unha solución ao problema da comercialización do marraxo, que se suma a outros problemas que sofre a frota como a forte caída dos prezos da quenlla e a gran flutuación na demanda. “Isto fai perigar a viabilidade económica da actividade de moitas empresas que non poden aguantar a situación por máis tempo” sinalou o deputado nacionalista, Néstor Rego.

Os nacionalistas destacaron que a frota acumula toneladas de marraxo procesado e almacenado nos frigoríficos que non poden vender debido ao bloqueo administrativo. Rego salientou que “dos tres Ministerios que deben dar a súa autorización para que se poda proceder á comercialización, dous deles, o de Pesca e o de Comercio, deron o seu visto bo polo que só faltaría que o Ministerio para a Transición Ecolóxica fixera o propio”.

Rego solicitou que se aclaren os motivos que levaron a non comercializar o marraxo cando se pesca de forma accidental e as capturas se axustan ao estipulado pola Comisión para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT), “polo que non ten sentido que unha vez que se permitiu a captura, se impida agora a súa comercialización pondo en risco a supervivencia da frota de palangre de superficie de Galicia”, argumentou.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...