InicioEconomíaSargadelos venderá pezas nas tendas do MoMA

Sargadelos venderá pezas nas tendas do MoMA

A firma resalta que a inclusión de produtos da firma no catálogo do museo neoiorquino "é un orgullo para a empresa e para Galicia"

Publicada o

- Advertisement -

O Museo de Arte Moderno de Nova Iork (MoMA) incluirá pezas de Sargadelos no catálogo de venta das súas tendas, segundo informou o grupo empresarial.

As MoMA Design Stores, expón a empresa nun comunicado de prensa, son “un templo do deseño e o bo gusto, donde todos os produtos expostos ou á venta son obxecto dunha selección exquisita”.

Por iso, asegura a dirección, que Sargadelos estea presente “é un orgullo para nós e tamén para Galicia”.

RESOLUCIÓN DA UXT

O Comité da Unión Provincial da Unión Xeral de Traballadores (UXT) de Lugo aprobou na pasada fin de semana unha resolución de apoio á súa afiliada Rogelia Mariña, sinalada pola dirección da firma e revocada como representante sindical pola asemblea de traballadoras da fábrica de Cervo.

O sindicato denuncia o “acoso” que padeceu a súa afiliada, “unha persecución que moi poucos seriamos capaces de aguantar”. A UXT asegura que a súa intención e a da súa asociada é que “Sargadelos sexa unha empresa que xere emprego de calidade e con dereitos”.

ÚLTIMAS

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...