InicioEconomíaVestas asegura ao comité que manterá a carga de traballo no 2019

Vestas asegura ao comité que manterá a carga de traballo no 2019

A multinacional evita dar cifras sobre cantos temporeiros quedarán tralo remate do seu contrato, o vindeiro día 28

Publicada o

- Advertisement -

Nunha xuntanza mantida este luns, a dirección de Vestas transmitiu calma ao comité de empresa da fábrica de Chavín, preocupado tralo peche da factoría da multinacional danesa en León e tamén polo feito de que a firma só fixese indefinidos a dez de arredor de cincuenta obreiros da planta de Viveiro que remataron o seu contrato o pasado 14 de setembro.

Segundo explica o presidente do comité de empresa, Jano Grandío, a directiva de Vestas asegurou aos representantes dos traballadores que, no tocante ás horas de emprego, “haberá unha carga de traballo igual ou similar á deste exercicio”. 

O sindicalista da UGT expón que a reunión “quitounos preocupación e ofreceunos algúns datos, que é o que queriamos, e é unha boa nova porque se nos transmite unha certa estabilidade“. 

O anuncio da empresa clarexa o futuro a curto prazo dun persoal que dubidaba da continuidade da fábrica. A factoría de León absorbía arredor do 40% dos xeneradores eólicos producidos en Viveiro, dos que se encargan na súa maioría operarios fixos. Os temporeiros adícanse a unha rama de produción implantada no 2018, a de paneis eléctricos para o control de turbinas, pola que parece pasar o futuro da factoría.

TEMPOREIROS

Uns 50 temporeiros rematan contrato o vindeiro día 28 e Vestas evitou dar cifras aos representantes dos traballadores sobre cantos continuarán e cantos quedarán sen emprego. “A empresa díxonos que por agora non podía ofrecernos eses datos e que estaba a barallar quen vai quedar para traballar na nova liña”, afirma Grandío.

CONVENIO

O comité de empresa de Vestas e maila multinacional negocian desde hai meses un novo convenio laboral que fica atascado. Na última xuntanza non houbo ningunha proposta por parte da firma á petición dos obreiros dunha suba salarial do 3%. A vindeira reunión está prevista para o mércores 27. 

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...