InicioEconomíaSargadelos escenifica normalidade coa reincorporación de dúas obreiras este martes

Sargadelos escenifica normalidade coa reincorporación de dúas obreiras este martes

Á espera da aprobación da asemblea, a sindicalista destituída segue apartada pola dirección

Publicada o

- Advertisement -

Trala asemblea de traballadoras que destituíu á sindicalista da Unión Xeral de Traballadores (UXT), Rogelia Mariña, a dirección de Sargadelos comezará a readmitir personal este martes. Segundo fontes da empresa, nesa xornada entrarán a traballar dúas das obreiras despedidas durante o conflito laboral na fábrica de Cervo.

Este luns non houbo despedimentos, tal e como anunciou o conselleiro delegado, Segismundo García, tras coñecer que a votación do cadro de persoal satisfixo a súa intención de revocar a Mariña do seu cargo.

Co xuízo polas demandas da sindicalista e da UXT contra a empresa e contra o propio máximo accionista pendente para o 21 de outubro, semella que a dirección tentará rebaixar a tensión e escenificar que non existe conflito na fábrica unha vez Mariña foi revocada.

Coa acta da asemblea entregada e pendente de aprobación, o que suporá o relevo da sindicalista da UXT por unha delegada de Comisións Obreiras (CC OO), a dirección mantén por agora apartada a Mariña, que continúa -rematadas as súas vacacións- cun permiso retribuído por tempo indefinido.

A UXT DESCARTA NEGOCIAR

A UXT descarta calquera negociación coa empresa e prepara a impugnación da asemblea de traballadoras que destituíu á súa sindicalista. A espera dos movementos da dirección, o sindicato mantén a súa ameaza de levar o conflito á Fiscalía.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...