InicioEconomíaA Mariña mobilízase: luces na noite de San Cibrao para alumear a...

A Mariña mobilízase: luces na noite de San Cibrao para alumear a fábrica e unha marcha para reivindicarse

A bisbarra afronta dúas citas chave coas que demostrar unidade e forza antes dunha semana crucial para o futuro de aluminio, coa reunión da mesa e o inicio das negociacións do ERE

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense mobilizarase este sábado e tamén o vindeiro luns, antes dunha semana que se presume crucial para o futuro do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao, para reclamar a continuidade da produción e do emprego tralo despedimento colectivo ou Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional, que suporía 534 despedimentos na planta de aluminio e outros 400 en empresas auxiliares.

Esta noite, o comité de Alcoa cita á veciñanza da Mariña Lucense en San Cibrao. Os obreiros partirán da fábrica ás 22.15 horas, en roupa de faena, para atoparse coa veciñanza sobre as 23.00 horas, no Parque Reina Sofía. Os participantes na marcha nocturna deberán portar luces. O politólogo xovense Antón Losada lerá un manifesto.

A ÚLTIMA PROTESTA “FAMILIAR”

“Acábasenos a luz nesta fábrica, apágannos a luz; ou se move o Goberno ou iremos un milleiro de empregados ao paro e crearase un auténtico drama nesta comarca”, asegura o presidente do comité, José Antonio Zan. Trátase “da última marcha familiar” que realizarán os obreiros, que realizarán “protestas máis contundentes” de non haber unha solución.

OS TRES SINDICATOS MAIORITARIOS CLAMAN CONTRA “O ABANDONO” DA COMARCA

O vindeiro luns, CIG, CC OO e UGT convocan á Mariña Lucense no Hospital Público da Mariña, ás 20.00 horas, para avanzar cara a Praza do Concello.

As promesas incumpridas dos sucesivos Gobernos, de España e de Galicia, no tocante ás infraestruturas (A-74, Vía de Alta Capacidade Costa Norte), a perda de servizos sanitarios ou o desmantelamento industrial da comarca –Ecar, Maderas Lorenzo, Ecesa, Gres Burela, IPV, Macesa, Conservas Alonso, Mobles Hermida, ao que se suma a situación de Alcoa- son razóns que esgrimen os tres sindicatos maioritarios en Galicia para denunciar “o abandono” da comarca por parte das Administracións.

Os tres sindicatos convocantes (CIG, CCOO e UGT) da protesta do luns reiteraron “a toda a sociedade da Mariña a necesidade de acudir a esta manifestación dada a importancia das reivindicacións que se fan para o futuro da bisbarra, temos que, de unha vez por todas, facerlle ver ás administracións que A Mariña existe”.

Así mesmo, lembraron que se deben “garantir as medidas de seguridade vixentes na
normativa actual, como é o uso obrigatorio de máscaras, respectar as distancias de seguridade. Apelamos á responsabilidade individual de cada asistente á mobilización”, insistiron, para engadir que polos motivos expostos “non se permite o reparto de bandeiras, pegatinas, nin está permitido o uso de material pirotécnico pola seguridade dos asistentes salvo autorización previa da organización”.

APOIO MAIORITARIO, COA PRESENZA DE PEPE ÁLVAREZ

PSdeG-PSOE, CIG, Plataforma Sanitaria da Mariña ou Sindicato Labrego Galego (SLG) amosaron o seu apoio á manifestación, na que estará o secretario xeral da UGT, Pepe Álvarez, a máxima autoridade do sindicato a nivel estatal.

SEMANA CON DÚAS CITAS DE IMPORTANCIA

As dúas protestas presúmense chaves para unha demostración de forza e unidade ante a reunión da mesa multilateral polo futuro da planta, prevista para o vindeiro martes ás 16.00 horas. Alí estarán presentes representantes dos sindicatos, da Xunta de Galicia, do Ministerio de Industria e o comité espera tamén que do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Ademais, está previsto que o día 25 se inicien as negociacións do período formal de consultas do ERE pretendido por Alcoa.

O COMITÉ URXE UN MARCO ENERXÉTICO ESTABLE

Os obreiros insisten en que, “a menos que o Goberno central interveña a fábrica, precisamos que habilite un marco enerxético estable, sexa para que Alcoa se quede ou para que veña un comprador”, afirma.

“O Executivo ten que intervir. Levamos 18 meses alertando dunha situación coma esta e sen solucións e agora quédanos un mes de vida. Ou actúa e deixa de marear aos traballadores ou non temos solución”, resaltou.

CRÍTICAS Á ALCOA: “É DESLEAL, ESTA FÁBRICA DEBERA SER AGORA UN BALUARTE PARA A MARIÑA”

Zan carga contra a multinacional, á que acusa de desleal, e asegura que o ERE presentado “é un ataque directo contra os traballadores e contra A Mariña Lucense, nun momento de crise no que esta empresa debera ser un baluarte para levantar a economía. Estes señores están metendo un millón toneladas de aluminio en Europa e agora falan de sobrecapacidade“, censurou.

CAIXA DE RESISTENCIA

Os traballadores crearon unha caixa de resistencia con achegas a vontade para financiar os distintos actos de protesta que levaron e levarán a cabo. “Están participando veciños, ex obreiros do complexo, xente de auxiliares… É o verdadeiro motor da nosa loita”, resalta.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...