InicioEconomíaSargadelos retomará os despidos e UXT ameaza con levar o conflito á...

Sargadelos retomará os despidos e UXT ameaza con levar o conflito á Fiscalía

Tralo fracaso das negociacións, o venres haberá asemblea de persoal para decidir sobre o cargo da sindicalista

Publicada o

- Advertisement -

Sargadelos e a Unión Xeral de Traballadores (UXT) endureceron o tono este mércores tralo fracaso da reunión convocada o pasado martes en Santiago de Compostela polo Consello Galego de Relacións Laborais. A empresa asegura que retomará os despidos, mentres que o sindicato afirma que levará o conflito “á Fiscalíade seguir a direccióná marxe da lei.

A FIRMA SEGUIRÁ “A FOLLA DE RUTA”

O feito de que a dirección aceptara a mediación da Xunta de Galicia tras varias negativas e algúns achegamentos durante as conversas abriron unha porta á esperanza de atopar unha solución negociada ao conflito laboral, pero a empresa asegura que “as negociacións están rotas”. Así, a firma non executou despedimentos este mércores, pero precisa que seguirá “coa folla de ruta” e retomará os cesamentos -efectuou 21- para cumprir os 49 anunciados o pasado 17 de agosto.

o conselleiro delegado reitera a súa intención de “pechar a fábrica” de continuar mariña como sindicalista

O conselleiro delegado, Segismundo García, reitera a súa ameaza de “pechar a fábrica” se Rogelia Mariña, a sindicalista sinalada polo dirixente, e a UXT non retiran as demandas interpostas contra el e contra a empresa.

“A UXT NON PODE PREVARICAR”

Pola súa banda, Manuel García Salgado, secretario de Organización e Coordinación da Área Interna da Federación de Industria da UXT, afirmou que “algunhas das propostas feitas pola empresa durante as negociacións están á marxe da legalidade e o noso sindicato non pode prestarse á prevaricación”.

O sindicalista asegurou que a dirección de Sargadelos tenta “mercar vontades” e “chantaxear” á súa delegada ao condicionar deixar sen efecto os despedimentos á demisión de Mariña.

a uxt acusa a garcía de tentar “mercar vontades” e “chantaxear” á súa delegada

O SINDICATO APELA Á XUNTA

Así, García Salgado insta á Xunta de Galicia “a actuar neste asunto a través da Inspección de Traballo e se non nos ampara”, sostén, “non descartamos acudir á Fiscalía”. O dirixente da UXT lembra que “hai uns dereitos laborais vixentes e dúas saídas: cumprir a lei ou marchar”.

o conflito parece abocado á vía xudicial e o xuízo está previsto para o 21 de outubro

Sen embargo, o auto do Xulgado do Social nº 2 de Lugo, que descarta unha intervención cautelar na empresa, valida polo de agora a posición da firma, aínda que o sindicato recurrirá. Deste xeito, o conflito parece abocarse de novo á vía xudicial, co xuízo previsto para o 21 de outubro.

VOTACIÓN

Antes, unha data chave. O vindeiro venres, desde as 15.00 horas, celebrarase a asemblea na que o persoal de Sargadelos está chamado a votar a favor ou en contra da destitución da delegada de UXT na fábrica. Unha votación convocada por un grupo de traballadoras -co apoio de 48 operarias-, e na que a firma ten depositadas as súas esperanzas para a revocación da sindicalista.

ÚLTIMAS

Burela realiza melloras na canceira municipal xestionada pola Asociación Bigotes

O Concello de Burela vén de realizar unha serie de melloras na canceira municipal,...

Espectáculo ‘Sentir’ do Mago Rafa no Pastor Díaz de Viveiro

O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acollerá a representación do novo espectáculo...

Viveiro realiza labores de mantemento nas cunetas de Naseiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, realizou...

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...