InicioEconomíaO primeiro xuízo por incumprimento patronal contra Piveri será o día 21

O primeiro xuízo por incumprimento patronal contra Piveri será o día 21

CC OO tramita as demandas dunha vintena de traballadores con nóminas pendentes tras a suspensión da actividade na louseira en Mondoñedo

Publicada o

- Advertisement -

A situación xerada tras o desmantelamento da louseira de Piveri na aldea de Beira do Río, en Mondoñedo, entrará na vía xudicial. O venres 21 de setembro celebrarase o primeiro dos xuízos pendentes tras as demandas presentadas por unha vintena de empregados da canteira, que teñen pendente o pagamento de, polo menos, cinco nóminas.

INCERTEZA

Comisións Obreiras (CC OO) tramita estes procedementos por incumprimento patronal. O sindicato agarda que se poña fin á incerteza na que se atopan os traballadores desde finais de xullo, cando se paralizou a actividade na mina.

A empresa enviounos de vacacións ata o 15 de agosto e, na véspera, comunicoulles formalmente a suspensión da actividade na canteira sen tramitar a fin dos seus contratos polo que carecen da documentación necesaria para solicitaren a prestación por desemprego.

Os traballadores non cobraron as débedas nin puideron solicitar as prestacións por desemprego

“As demandas por incumprimento patronal son o único mecanismo que temos para que se lles recoñezan as débedas, e se formalice a finalización dos seus contratos”, explica José Luis López, responsable de Industria de CC OO en Lugo. “Hoxe mesmo presentamos a última demanda”, di. Os xuízos sucederanse durante os próximos catro meses.

DESPROTECCIÓN

O sindicalista lamenta a situación de desprotección na que a actual lexislación laboral deixa aos traballadores en casos coma este. “Hai anos poderiamos solicitar un embargo preventivo, hoxe non temos esa opción, así que as empresas decláranse insolventes, e os empregados teñen que recurrir ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) que, por outra parte, só se fai cargo dunha parte das débedas ou indemnizacións que deberan percibir”, lamenta.

De feito, os límites das contías abonadas polo Fogasa está fixado, no caso das débedas por impago de salarios, no correspondente a 120 días de salario (4 meses) ou no dobre do Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

TERRAS EXPROPIADAS

O desmantelamento da louseira de Piveri deixou outras frontes abertas para os veciños afectados pola actividade da canteira, que seguen sen cobrar as indemnizacións polas terras expropiadas e a convivir cos estragos medioambientais que provocaron que Minas suspendese a actividade da empresa en xullo.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...