InicioEconomíaA Mariña é o segundo destino turístico que máis medrou en Galicia

A Mariña é o segundo destino turístico que máis medrou en Galicia

O número de visitantes na bisbarra durante os sete primeiros meses do ano medrou nun 9,5%, só por detrás de Ferrolterra, que tivo un incremento do 11%

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense foi o destino turístico de Galicia que máis medrou nos primeiros sete meses do ano, cun 9,5% de incremento. Só a comarca de Ferrolterra, cun aumento do 11%, superou á bisbarra segundo os datos que manexa a Xunta de Galicia.

As cifras anunciadas este mércores polo Goberno galego falan da Mariña como destino turístico puxante e tamén da consolidación da provincia neste sector, con aumentos do número de visitantes, de estadías e de gasto.

OS DATOS DO GOBERNO GALEGO FALAN DE MÁIS TURISTAS, DE ESTADÍAS MÁIS LONGAS E DE MAIOR GASTO

No mesmo período, a provincia de Lugo recibiu preto de 350.000 viaxeiros, que fixeron máis de 630.000 noites nos establecementos que conforman a oferta turística regrada da comunidade.

Deles, máis de 73.000 viaxaron en xullo, no que se sumaron un total de 140.000 noites. A estadía media medrou un 12% neste período e un 10% no global dos sete primeiros meses do ano. Así, os esforzos do sector por desestacionalizar o turismo parecen dar os seus froitos.

HOTEIS

Segundo o comunicado da Xunta, o sector máis beneficiado por afluencia de viaxeiros e o incremento do número de noites que pasan na provincia é o hoteleiro, cuxa demanda medrou máis dun 5% nos sete primeiros meses do ano.

OUTONO

A Xunta anunciou que reforzará dúas iniciativas para desestacionalizar o turismo. Unha delas serán os Outonos gastronómicos, que comezarán en breve co atractivo que teñen os produtos de tempada.

Os Trens Turísticos de Galicia terán continuidade nas vindeiras semanas. Na Mariña, a Xunta ofrece a Ruta dos Faros.

ÚLTIMAS

Expomar está presente na ‘Feira Expomar de Cabo Verde’

A Fundación Expomar colabora coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia na “Feira...

‘No Nadal, ti iluminas Ribadeo’ campaña do Concello e Acisa

Concello de Ribadeo e Acisa presentan a campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo co...

Judas Priest estreará no Resurrection Fest o seu novo traballo ‘Invincible Shield’

A banda británica Judas Priest actuará no Resurrection Fest de 2025, en Viveiro, onde...

Nova sinalización no polígono de Landrove, en Viveiro, para mellorar a seguridade viaria

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro, responsable da área de Obras, pon...