InicioEconomíaConvocada a asemblea para venres, "rotas" as negociacións entre Sargadelos e UXT

Convocada a asemblea para venres, “rotas” as negociacións entre Sargadelos e UXT

A empresa non descarta retomar os despedimentos e fontes do sindicato sinalan que as esixencias da dirección son "inasumibles"

Publicada o

- Advertisement -

A reunión convocada o pasado martes en Santiago de Compostela polo Consello Galego de Relacións Laborais entre os servizos xurídicos de Sargadelos e a Unión Xeral de Traballadores (UXT) non serviu para chegar a un acordo, nin sequera para achegar posturas.

O feito de que a dirección aceptara a mediación da Xunta de Galicia tras varias negativas e algúns achegamentos durante as conversas abriron unha porta á esperanza de atopar unha solución negociada ao conflito laboral, pero a empresa asegura que “as negociacións están rotas“. Aínda que o sindicato reitera que está “aberto ao diálogo”, fontes do mesmo sinalan que as esixencias de Sargadelos “son inasumibles“.

A empresa non executou despedimentos este mércores, pero non descarta que poda retomar os cesamentos -efectuou 21- ata cumprir os 49 anunciados o pasado 17 de agosto. A negativa do xuíz a intervir cautelarmente no conflito laboral, como pedía a UXT, reforza a posición do grupo empresarial e debilita a do sindicato. 

A UXT, que mantén as denuncias contra o conselleiro delegado, Segismundo García, e o grupo empresarial, anunciou que oficializará a súa postura cun comunicado nas próximas horas. 

VOTACIÓN

As traballadoras da fábrica que forzaron a asemblea para votar a destitución ou a permanencia no cargo de Rogelia Mariña, a sindicalista da UXT sinalada polo conselleiro delegado, convocaron unha nova xuntanza para afrontar esta cuestión. Será o vindeiro venres, ás 15.00 horas. 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...